Educación

Educación

Programas educativos

A Concellaría de Educación desenvolve varias iniciativas das que se benefician todos os veciños e veciñas, ben de forma directa, ben a través de programas que se desenvolven nos centros de ensino.

BOLSAS

O Concello ten un programa propio de bolsas de estudo que cada ano concede axudas para o transporte ou para a compra de libros de texto; e dende o ano 2012 tamén para o alumnado do Conservatorio Profesional de Música.

ACTIVIDADES NOS CENTROS DE ENSINO

O Concello colabora cos centros educativos ofrecéndolles a posibilidade de participar en diversas actividades culturais para escolares ao longo do curso lectivo como teatro, concertos, charlas, proxeccións de cine, etc. O obxectivo é o de enriquecer a actividade escolar e facer ao alumnado partícipe da vida cultural e social do concello.

Os centros de ensino poden optar, así mesmo, a axudas para a realización de viaxes escolares co obxecto de  que o alumnado teña a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos. Tamén, xunto coas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAs) e as agrupacións deportivas de centros educativos sostidos con fondos públicos, poden optar a unha liña de financiamento para desenvolver proxectos de Escolas Deportivas en horario extra escolar.

Por último, as ANPAs do Concello contan cada ano cunha convocatoriade subvencións para a realización das súas propias actividades de carácter educativo, desenvolvéndose así un importante labor de dinamización cultural nos centros de Carballo.

PROGRAMA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS

A través dun convenio con Radio ECCA e en colaboración coa Concellaría de Educación, Carballo financia un Programa de Educación de Adultos que ofrece a posibilidade de prepararse para a obtención do título de graduado en Secundaria, así como un graduado de Nivel I -de alfabetización- ou de Nivel II -equivalente a Primaria-.

Estes cursos están pensados para persoas adultas que por diversas circunstancias non poden asistir a clase, polo que se lles ofrece unha reunión semanal fóra do seu horario de traballo, ademais do apoio a través de Radio ECCA, emisora dedicada en exclusiva á docencia.

Compartir: