PRESENTACIÓN

Presentación do programa do 2023, na ponte de Baldaio

Presentación do programa do 2023, na ponte de Baldaio

Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa. Tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización do contorno co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte. Ademais das accións propostas estas entidades desde o propio Concello tamén se propoñen outras actividades co mesmo obxectivo e que se indican no programa do proxecto.

PROGRAMA 2024

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

XULLO

  • DÍA 3 _  INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA, A PÍLLARA
  • DÍA 6 _  RUTA polos "Contos mariños de Carballo", da Furna Furada - Pedra do Sal con XABIER MACEIRAS
  • DÍA 10 _  EXPLORANDO AS POZAS DAS MAREAS en RAZO
  • DÍAS 13 E 14 _  OBRADOIRO DE PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS 
  • DÍA 17 _  OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS
  • DÍA 20 _  LIMPEZA COLECTIVA DA MARISMA DE BALDAIO
  • DÍA 24 _  A NOITE DAS AVELAIÑAS en BALDAIO
  • DÍA 27 _  FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES en BALDAIO
  • DÍA 31 _  OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA en BALDAIO

AGOSTO

  • DÍA 3 _  RUTA NOCTURNA A MONTENEME e ASTRONOMÍA co Profesor JORGE MIRA.
  • DÍA 7 _  PEKEOLIMPIADAS NA AREA de RAZO.
  • DÍA 10 _  SIMULACRO DE SALVAMENTO en RAZ0.
  • DÍA 14 _  PEKEOLIMPIADAS NA AREA de BALDAIO.
  • DÍA 17 _  CAMIÑANDO A RAZO
  • DÍA 21 _  RUTA PARA COÑECER OS SEGREDOS CULTURAIS E PATRIMONIAIS DA NOSA COSTA
  • DÍA 24 _  RUTA XEOLÓXICA POLA COSTA DE CARBALLO
  • DÍA 29 _  XORNADA DE ELIMINACIÓN DE INVASORAS en LEIRA
  • DÍA 31 _  INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DE NATUREZA en BALDAIO

SETEMBRO

  • DÍA 4 _  “OCÉANOS, BASURAS MARIÑAS E ECONOMÍA CIRCULAR” MARES CIRCULARES COCA-COLA. Antonio Castro, director de proxectos de Chelonia
  • DÍA 7 _  RUTA polos "Contos mariños de Carballo", da Pedra do Sal a Razo con XABIER MACEIRAS .

PEKEOLIMPIADAS RAZO-BALDAIO

Este ano como novidade organizase a I Edición de Pekeolimpiadas na area de Razo e Baldaio. Terá lugar os días 7 e 14 de agosto. 
Si tedes menos de 14 anos e xuntades un grupo de 5 amigos/as poderedes participar nesta competición que terá a primeira eliminatoria o día 7 de agosto. 
As probas eliminatorias serán o día 14 de agosto e saberemos así quen serán os primeiros/as gañadores/as desta competición.

SUBIDA A MONTE NEME E ASTRONOMIA CON JORGE MIRA

Este ano contamos cunha interesante novidade na subida nocturna a Monte Neme e organizada por Senda Nova, contaremos coa presenza do profesor Jorge Mira que nos dará unha clase maxistral a todas as persoas asistentes.

OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS

O artista plástico e crebeiro Nando Lestón, impartirá o día 17 de xullo un obradoiro no que se transformarán obxectos recollidos da praia en obxectos que vas a poder agasallar, ademais encargarase de elaborar os trofeos que se entregarán nas Pekeolimpiadas na Area.

Descargas

Compartir: