Obras e servizos

Obras e servizos

[Casa do Concello, 1º andar]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 Ext 2005

Ver localización

Servizo de augas

Servizo de augas de Carballo

O Servizo de Augas é xestionado en Carballo en réxime de concesión administrativa pola empresa Gestagua (Xestión e Técnicas da Auga SL). Englóbanse na citada concesión os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración, cuxos labores máis significativos son: mantemento e conservación das redes de auga e rede de sumidoiros así como das instalacións técnicas asociadas aos devanditos servizos que son as Estación potabilizadora de Auga (ETAP) e Depósitos de almacenamento e as Estacións Depuradoras de Auga Residuais (EDAR ). Ademais diso, Gestagua realiza toda a xestión relacionada cos clientes: lecturas, facturación, cobramento, resolución de consultas, queixas, etc.


Logotipo Gestagua

Os medios de contacto que Gestagua pon a disposición dos clientes de Carballo, son:

Oficina presencial Gestagua 
Rúa Río Ulla, nº 2, baixo (esquina Río Anllóns)
15100 - Carballo      
                          
Horario de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas.
Enderezo electrónico: carballo@gestagua.es

Teléfono gratuíto de información e avarías: 900 907 363 (24 horas ao día)

Descargas



Galería

Compartir: