Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

Presentación

No mercado de Carballo poden adquirirse os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra e do mar. A praza de abastos ten sido sempre unha locomotora das feiras e do comercio do centro da capital municipal.

O Concello rematou na primavera do ano 2011 un proxecto de reforma integral do edificio que transformou o mercado nun espazo moderno que lle dá azos ao comercio do centro carballés e revitaliza a actividade do propio mercado. Como consecuencia dun estudo elaborado no ano 2019 coa finalidade de revitalizar a tradicional praza de abastos de acordo coas demandas da sociedade actual e de buscar usos alternativos de cara ás novas concesións, o Concello de Carballo realizou un novo investimento de 305.000 euros, para a cal contou cunha subvención do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través de Agader, por importe de 50.000 euros.

As obras, realizadas entre os anos 2020 e 2022, permitiron adaptar as instalacións aos parámetros que definen a excelencia deste tipo de servizos e mellorar a accesibilidade dende a Praza do Concello mediante a instalación dun ascensor panorámico.

Descargas



Galería

Compartir: