Cultura

Cultura

- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"De repente, el paraíso", a última comedia política de Elia Suleiman, visita Amal en Ruta

Venres 21 de maio do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

O director Elia Suleiman, tamén protagonista e narrador desta historia (It must be heaven), viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina. No proceso de atopar un novo fogar, dase conta de que Palestina parece perseguirlle alá onde vai.

A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia chea de erros. Altas doses de ironía e humor lacónico para demostrar que non importa o lonxe que viaxe, dá igual que sexa París, Nova Iorque ou Doha... sempre hai algo que lle recorda ao seu fogar: os controis na fronteira, a policía, o racismo. A pesares de que Elia trata de integrarse na sociedade, no resultará nada doado.

O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, por tanto, as persoas interesadas en asistir deben solicitar previamente a súa entrada enviando un correo electrónico a culturaentradas@carballo.gal (indicando nome, apelidos e número de teléfono).

Xénero: Longametraxe de ficción
Ano: 2019| Palestina
Duración: 97 min
Organiza: Concellería de Cultura e Fundación Araguaney-Puente de Culturas 

Compartir: