Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Arrinca o Verán Cultural cun concerto de Silvia Penide

Venres 24 de xullo do 2020 21:00 horas - Rúa Jacinto Amigo Lera

Comezamos o programa de Verán retomando a programación onde a deixaramos en marzo, coa idea de dar unha idea de continuidade e de retomar a actividade cultural. O concerto de Silvia Penide estaba previsto para o 13 de marzo e non puido celebrarse. Ao igual que o resto da programación prevista para a promavera que tivo que ser suspendida, recupérase notro contexto.

Silvia Penide é unha das representantes máis destacadas da canción de autor en Galicia, que nos últimos anos se achega ao pop intimista que emociona e cautiva a un público cada vez máis numeroso. Presentará, segundo a crítica especializada, un dos discos imprescindibles do 2019, El efecto boomerang.

Normas de asistencia

  • A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras e o acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo, abríndose 1 hora antes do inicio de cada actividade.
  • Os menores deberán estar acompañados por adultos.
  • A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade e unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder.
  • Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes.

Vídeos

Compartir: