7º Autocross Carballo, puntuable para o Campionato Galego
Sábado 20 de maio do 2017 A partir das 9 horas - Circuíto Municipal de Bértoa Deporte
O Circuíto Municipal de Bértoa acolle o 7º Autocross Carballo, no que participan 15 escuderías e 60 condutores das catro categorías en competición: ata 1.600 cc (8 pilotos), máis de 1.600 cc (17), carcross (33) e SCC 4x4 (2).
Ás 12.00 horas comezaran os adestramentos, mentres que a primeira das semifinais está programada para as 15.30; ás finais B, desde as 17.15, e as finais, desde as 18.20.