Inicio Carballo ao día Axenda Pigmy volve ao Curruncho Pop oito anos despois

Pigmy volve ao Curruncho Pop oito anos despois

Sábado 2 de marzo do 2024 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Pigmy é o nome detrás do que se agocha Vicente Maciá, anteriormente membro da banda Carrots, unha importante banda da psicodelia estatal, fundada en 1997 e que esporadicamente segue a tocar.

Xa como PIGMY ten editados tres discos. Debutou en 2007, e o segundo non chegou ata 2014. Un par de anos despois presentouno no primeiro Curruncho Pop, e agora volve para presentar Manifestación, editado no 2020.

O seu é a psicodelia-folk, por poñer unha etiqueta o mais axeitada posible a unha música personalísima, que en Manifestación conta cun bo feixe de marabillosos arranxos medievais, traballados como poucos. É esa minuciosidade na composición e gravación a que explica o espazamento dos seus proxectos discográficos.

Concerto con entrada libre e de balde ata completar capacidade.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
29
30