Inicio Carballo ao día Axenda Ruta Vermú de Inverno en 31 locais de...

Ruta Vermú de Inverno en 31 locais de hostalaría

Do sábado 9 de decembro ata o domingo 10 de decembro do 2023 12.00 a 14.00 horas Promoción Económica

Do 4 de novembro ao 10 de decembro convidámoste a percorrer o concello de Carballo e a probar diferentes vermús galegos acompañados dunha tapa de culler. Todos os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 horas, poderás degustar o Vermú de Inverno en 31 establecementos de hostalaría de sete parroquias. 

Ademais, esta iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e Turismo ten premio: unha viaxe para dúas persoas a Tarragona, onde, á parte de gozar dunha estancia dunha fin de semana en réxime de media pensión, visitarán o Museo do Vermut de Reus.

Se es maior de idade xa podes participar. É moi doado. Recolle o pasaporte do Vermú de Inverno en calquera dos establecementos participantes e empeza a percorrer o concello. En cada local no que fagas unha consumición de vermú galego conseguirás un selo no pasaporte. Ten en conta que para participar no sorteo final debes presentar como mínimo 12 selos de diferentes bares de 3 parroquias distintas. Unha vez conseguido o obxectivo, entrega o teu pasaporte no Museo de Bergantiños.

O sorteo será público e anunciarase a súa data coa suficiente antelación na paxina web do Concello de Carballo, www.carballo.gal, e nas redes sociais de Turismo Carballo e Concello de Carballo, onde tamén se publicarán os resultados.

Establecementos participantes

Aquí tes a listaxe de establecementos participantes, para que poidas ir preparando a túa propia ruta:

  1. A Lareira (Carballo)
  2. A Nova Ferradora (Carballo)
  3. A Vermutería  (Carballo)
  4. Albaroque  (Carballo)
  5. Arnados (Razo)
  6. Asador Río Sil (Carballo)
  7. aXamonería (Carballo)
  8. Bar Bardanca (Oza)
  9. Bar Fergo (Cances)
  10. Bar Ramón (Razo)
  11. Café Bar Caracola (Bértoa)
  12. Café Bar Gran Vía (Carballo)
  13. Café Bar Infinito (Carballo)
  14. Café Bar Os Delfíns (Noicela)
  15. Cafetería A Estación (Carballo)
  16. Cervecería Amsterdam (Carballo)
  17. Cervecería d'pereira (Noicela)
  18. Cervecería La Bombonera (Carballo)
  19. Dubra Café (Carballo)
  20. Korner (Carballo)
  21. Marabú Carballo (Carballo)
  22. Mesón A Cabaña (Carballo)
  23. Mundo Milanesa (Carballo)
  24. Namasté India (Carballo)
  25. O Cordobés (Razo)
  26. O Logradouro (Carballo)
  27. Restaurante Mesón do Pulpo (Carballo)
  28. Restaurante Pensua Punta del Este (Carballo)
  29. Restaurante San Lorenzo (Verdillo)
  30. Tasca O Chorís (Carballo)
  31. Trattoría Pizzería Vesuvio (Carballo)

Compartir:


- 2024 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
2
3
4
5
6
9
10
11
12