Inicio Carballo ao día Axenda Aberto o prazo para o Día do Pequebasket...

Aberto o prazo para o Día do Pequebasket da Escola Basket Xiria

Do luns 17 de abril ata o martes 2 de maio do 2023 Inscricións online Deporte

A Escola Basket Xiria ten aberto ata o 2 de maio o prazo de inscrición para a novena edición do Día do Pequebasket. A entidade espera volver a reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a centos de nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubs que nunca participaron, o equipo organizador do 9ª DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
29
30