Inicio Carballo ao día Axenda A AECC convídate a participar nun lazo...

A AECC convídate a participar nun lazo humano contra o cancro

Sábado 4 de febreiro do 2023 12.00 horas - Praza do Concello Benestar

O 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro, e desde a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Carballo convídante a participar na elaboración dun lazo humano para apoiar simbolicamente aos miles de pacientes e familias que se enfrontan á enfermidade.

Toma nota:

  • Cando? O 4 de febreiro
  • A que hora? Ás 12:00 h
  • Onde? Na Praza do Concello

Ven coa túa familia, amizades, veciñas... todos e todas somos necesarios!

Compartir:


- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D