Inicio Carballo ao día Axenda Carballo, na conversa en liña...

Carballo, na conversa en liña "Unicornios e linguas non hexemónicas na rede"

Mércores 21 de setembro do 2022 18.30 horas - Canle de Youtubeiras Lingua

A diversidade lingüística é aínda máis marabillosa que os unicornios. Mostra disto é a conversa en liña Unicornios e linguas non hexemónicas na rede, unha iniciativa do proxecto Youtubeiras, do que forma parte o Concello de Carballo. Dende o Servizo de Normalización Lingüística convidámoste a conectarte en directo o día 21 ás 18.30. Participan: 

  • Canal Malaia (Catalunya) é unha plataforma que reúne a diversas persoas creadoras de contido que empregan as redes sociais máis seguidas hoxe en día: TikTok, Instagram, Youtube e Twitter. O seu obxectivo é impulsar a creación audiovisual en catalán para visibilizar e normalizar a súa lingua en todos os ámbitos sociais.  http://malaia.cat/
  • Play Presta (Asturies) é unha plataforma de youtubeiras e youtubeiros en asturiano, unha xanela aberta ao mundo, un espazo para falar de actualidade dende unha perspectiva diferente. https://playpresta.com/ 
  • Youtube en Galego dá a coñecer as distintas canles que emiten en Youtube en galego. Inspirada e apoiada polas comunidades Podgalego e Twitch en galego, e recentemente amparada pola Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego. Youtube en galego ambiciona ser o referente de posicionamento e difusión desta plataforma de vídeos na nosa lingua. 
  • @ARKKUSO (Navarra), Iruñe, máis coñecida nas redes como ARKKUSO, é comunicadora e educadora de profesión e de vocación. Crea contido en éuscaro en diferentes redes sociais como Youtube, Twitch e TikTok. Foi unha das impulsoras da campaña #3000twitz para conseguir ter a etiqueta "euskara" en Twitch para dar visibilidade tanto ao contido como ás persoas que crean contido nesta plataforma. https://www.arkkuso.eus/
DURACIÓN: 90 minutos
ONDE: canle de Youtubeiras
PRAZAS: ilimitadas

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
27
28
29
30