Inicio Carballo ao día Axenda Volve a Festa da Praia, con xogos, obradoiros e...

Volve a Festa da Praia, con xogos, obradoiros e circo

Sábado 19 de agosto do 2023 A partir das 12h na Praia de Razo euqueroRB

FESTA DA PRAIA

Volve a Razo a Festa da Praia, unha proposta do programa Eu quero Razo-Baldaio para desfrutar en familia.

A Festa da Praia arrincará a partir das 12.00 horas con xogos infantís, algúns en formato xigante, obradoiros de circo e de chapas e o regreso do Chef Solar, un espazo de exposición-demostración de distintos produtos feitos en cociñas solares que tivo moi boa acollida o ano pasado. Haberá modelos diferentes para introducir aos asistentes aos principios básicos da cociña solar e o seu manexo, ademais de realizar unha exposición sobre a cocción solar e de abrir as portas á reflexión sobre a crise climática, enerxética e social. 

E pola tarde, a partir das 17.00 horas, máis Festa da Praia con Circus Magnificus e o espectáculo O máis difícil todavía.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D