"A poeta analfabeta", no Ciclo Mestre Mateo
Venres 20 de maio do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura
O documental percorre a vida da poeta e activista Luz Fandiño, desde o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1931 ata o seu retorno á cidade en 1979, onde reside, despois de vivir a experiencia da emigración en Arxentina e Francia.
Foi en Bos Aires onde empezou a ler e escribir en galego. Autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016) a escritora é unha referente para as xeracións máis novas pola súa actitude rebelde e combativa.
Dirixida por Sonia Méndez e producida por Nati Juncal Portas, a película foi estreada na 35 edición de Cineuropa e proxectada na 16ª edición de la Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén resultou finalista na categoría de Mellor documental nos XX Mestre Mateo.20 localidades galegas e 8 centros galegos repartidos por Europa e América Latina proxectan as películas do Ciclo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
Actividade incluída no Programa das Letras de Carballo.