Marta Alonso chega á Primavera enDanza para "Bailar agora"
Venres 16 de abril do 2021 20.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura
A bailarina e creadora Marta Alonso presenta a súa propia historia na danza, a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, dos seus primeiros movementos do seu contacto co ballet clásico, finalizando esta viaxe na danza contemporánea, sen olvidar o sufrimento e dedicación que esixe esta disciplina. Bailar agora é un espectáculo moi xeneroso, cheo de sorpresas, e que quere situarnos no tempo actual, cunha linguaxe humorística e danza moi física, para vivir o aquí e o agora bailando.
Marta Alonso é unha bailarina multidisplinar, vinculada á compañía Traspediante, que transita entre a danza e o teatro físico e o circo, que grazas á súa importante traxectoria profesional combina o seu labor escénico coa pedagoxía e a dirección de proxectos culturais e docentes vinculados coa danza.
Entradas: 4€/3€
Venda anticipada aquí.