Inicio Carballo ao día Axenda Proxección do documental "Brandomil,...

Proxección do documental "Brandomil, vila romana a carón do Xallas"

Venres 31 de xaneiro do 2020 20.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Conta a lenda que hai moito tempo o antigo Brandomil afundiuse. Por iso, a xente ao traballar as leiras encontraba baixo a terra paredes, tellas e pedras que sempre lles provocaron fascinación. No século XIX os investigadores comezaron a fixarse neste lugar á beira do río Xallas, camiño do “finis terrae”, pero aínda a día de hoxe está todo por descubrir.

Aras, estelas funerarias e outros elementos deixan adiviñar un asentamento altamente romanizado nos confíns do Imperio, dunha dimensión de máis de vinte hectáreas.

O documental "Brandomil, vila romana a carón do Xallas" nace promovido pola Fundación Brandomil para dar a coñecer o gran tesouro do mundo romano galego, a través do que se realiza un traballo de socialización do patrimonio coa propia veciñanza.

O vindeiro venres 31, os seus creadores Manuel Rial, Paula Vázquez e Pablo Alvite Pereira asistirán á súa proxección no Casino 1889 e participarán no coloquio que se ofrecerá a continuación. Non volo perdades!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D