Inicio Carballo ao día Axenda Arrinca a Liga de Babybasket

Arrinca a Liga de Babybasket

Sábado 18 de xaneiro do 2020 De 10.00 a 14.00 horas - Pavillón Carballo Calero Deporte

O pavillón Carballo Calero acollerá este sábado de dúas novas xornadas da Liga de Babybasket, da Federación Galega de Baloncesto. Serán as dúas primeiras citas para os xogadores da Delegación Coruñesa, que esta temporada, polo gran numero de equipos inscritos (33), decidiu estruturar a competición en dous grupos.

Esta fin de semana a organización recae no Club Baloncesto Artai, que conta co apoio do Concello de Carballo. Máis adiante será a Escola de Basket Xiria quen asuma esa organización, que posibilitará ver como dan os seus primeiros pasos os xogadores máis novos dos clubs (nacidos do 2012 ao 2015) nun evento de formación, onde o de menos é o resultado e que se disputa nun formato especial de catro contra catro en dous tempos de doce minutos, sen árbitros nin resultado final.

Os partidos, que se disputarán entre as 10 e as 14 horas, reunirán a 180 xogadores de estes 16 equipos: Liceo La Paz, Calasanz C.D., Básquet Coruña Baby Blanco, Básquet Coruña Baby Amarillo, C.B. Artai A, C.B. Artai B, C.B. Artai C, EDM Pequebasket Ponteceso Xiria, Escola Basket Xiria Pequebasket Xiria Verde, Escola Basket Xiria Pequebasket, C.B. Laracha Pan y Díaz, Club A.A. Dominicos, Club Baloncesto Cambre, C.B. Golfiños de Sada e C.B. Golfiños de Sada Golfiños.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D