Inicio Carballo ao día Axenda "Olimpíadas Paranimais" a...

"Olimpíadas Paranimais" a beneficio da protectora de animais de Carballo

Domingo 12 de xaneiro do 2020 17.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Apetéceche comezar o ano amosando a túa solidariedade? Se queres gozar dunha tarde de risas e xogos e axudar á protectora de animais de Carballo, apúntate xa ás Olimpíadas Paranimais que se celebrarán este domingo, ás 17.00 horas, no Casino 1889.

Se che gustan os retos e queres poñer a proba as túas habilidades, non atoparás plan mellor! Terás que pasar probas tan duras coma carrexar espigas de millo coa boca, levar cestos cargados de mercancías perigosas, probar os teus coñecementos sobre temas interesantes, seguir o rastro das fabas ou comer culleradas de chocolate cos ollos pechados. E non é preciso adestrar! Tan só necestitas formar o teu equipo, que deberá estar integrado por 6 persoas, poñerlle nome dunha raza de cans e enviar os datos canto antes a:kalaicoi@hotmail.com ou a través da páxina de facebook do Casino 1889.
 
A participación e o acceso a esta singular actividade é totalmente de balde. Non se trata de recadar diñeiro senón materiais como pienso, pipetas, produtos de limpeza, mantas, toallas, etc..., que irá destinados á protectora carballesa.
  
Anímate e participa amosando o teu lado máis solidario. Paga moito a pena!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde. Prégase aos participantes e ao público que colaboren doando materiais útiles para a protectora de animais de Carballo.
Colabora: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D