Inicio Carballo ao día Axenda Festas infantís nas parroquias para...

Festas infantís nas parroquias para recibir ás Súas Maxestades de Oriente

Do domingo 5 de xaneiro ata o luns 6 de xaneiro do 2020 Polas tardes - Parrqouias de Carballo Cultura

As Súas Maxestades de Oriente visitarán o domingo 5 varias parroquias de Carballo para saudar aos máis pequenos/as da casa e compartir con eles/as un dos días máis máxicos do ano.

Unha das primeiras citas da tarde terá lugar ás 16.00 horas no local social de Imende, onde  a Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Baldaio organizará unha festa infantil para a cativada cun feixe de xogos e sorpesas para que a espera resulte o máis divertida posible.

E ás 19.30 horas, o Centro Social de Sofán acollerá o tradicional Festival de Nadal, organizado pola asociación de veciños San Salvador, no que, ademais de música e moita animación, actuará o mago Álex e haberá unha merenda moi especial que dará paso á visita de Melchor, Gaspar e Baltasar. Os Reis Magos tamén se achegarán ata o Centro Social de Oza, convidados pola asociación de veciños Torre Vixía, para escoitar as peticións de todos os cativos e cativas que se acheguen ata alí a partir das 19:30 horas.

Melchor, Gaspar e Baltasar tamén visitarán as parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Entrecruces e Sísamo. En cada unha, a comitiva realizará o itinerario de costume respectando os horarios de anos anteriores. 

O luns 6, as cabalgatas dos Reis Magos chegarán ás parroquias de Razo, Cances, Lema e Sofán seguindo os horarios e itinerarios de costume. Ademais, na Igrexa da Brea, a Asociación Cultural Mestra Cancela celebrará o tradicional agasallo de Reis ao que están convidados todos os nenos e nenas que queiran acudir. Será ás 10:00 horas.  

Organizan: Asociacións das diferentes parroquias 
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D