Recicl-Arte, a exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo
Do venres 14 de xuño ata o mércores 31 de xullo do 2019 De 17 a 21 horas - 3º andar Pazo da Cultura Cultura
16 artistas participarán na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da Concellería de Cultura, que este ano leva por título Recicl-Arte, e na que se inclúe obras de autores/as con traxectorias e modalidades moi diversas que van desde a pintura ata a fotografía pasando pola escultura, entre outras artes plásticas.
Desde o venres 14 de xuño ata o 31 de xullo, o 3º andar do pazo da Cultura acollerá algúns dos traballos de Antonio Taracido, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho González, Laura Tova, Lola Oviedo, Manolo Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O`Mighelo, Peter Kramer, Raúl Herrera e Santi Picos. Un auténtico privilexio para os sentidos que non podedes deixar de visitar.
A inauguración da mostra terá lugar este venres 14, ás 21:00 horas no 3º andar do Pazo da Cultura. Non faltes!
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Creadores vinculados a Carballo