Carme Adán imparte un obradoiro arredor do feminicidio
Xoves 11 de abril do 2019 De 18 a 20 horas - Pazo da Cultura

A Concellaría de Igualdade e Benestar programou para o 11 de abril un obradoiro arredor do feminicidio, impartido por Carme Adán. A autora de Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión introducirá o tema para o debate final entre as persoas participantes co obxectivo de definir e conversar sobre a violencia de xénero e diferenciala da violencia doméstica ou intrafamiliar.
A actividade contará cun servizo de canguraxe coa finalidade de facilitar a participación dos pais e nais que desexen acudir. As persoas que o precisen poden solicitalo previamente no 981 700 688.
Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellaría de Igualdade e Benestar