Up2Down

Domingo 17de abril - 18.00 h

Todo é posible

Compañía: Traspediante
Duración
: 55 minutos
Prezo da entrada ordinaria: 3 €
Prezo da entrada reducida: 2 €
Público: Todos os públicos

Up2Down

Movemento, clown, funambulismo e danza, son os elementos principais deste espectáculo danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza se mesturan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo.

Dúas bailarinas interpretan personaxes definidas polo seu antagónico: o alto e o baixo.

A funambulista etérea e a ideal pallasa terreal e mundana crean un universo singular.



A compañía galega Traspediante regresa ao escenario carballés cunha nova e sorprendente proposta escénica sobre as emocións, no que o humor e interacción co público, son pezas fundamentais.

Ficha artística

Dirección: Arturo Cobas
Interpretación e coreografía: Marta Alonso e Paula Quintas
Dramaturxia: Kirenia Celia Martínez
Deseño iluminación: Javier Quintana
Música orixinal: María Mendoza
Vestiario: Fany Bello

Compartir: