Actividades complementarias

EXPOSICIÓN Andanzas

Andanzas

[Do 31 de marzo ao 30 de abril.]

Sala de exposicións, andar -1 Mostra da creadora Laura Tova que expoñerá parte da súa obra, na que abordará con gran sutileza a temática do movemento e as emocións que evoca e transmite a danza.


OBRADOIROS DE DANZA CONTEMPORÁNEA

[Sábado 2 de abril] - Pazo da Cultura / 12.00 h > Compañía La Macana
Destinado a público novo e adulto/Libre e gratuíto. Inscricións no 981 704 300

[Venres 15 de abril] - IES de Carballo / 11.00 h > Compañía Javier Martín

PRESENTACIÓN DE ESPECTÁCULOS

Ao longo do festival, as compañías de danza realizarán presentación dalgúns dos espectáculos participantes en Primavera enDanza en diferentes espazos públicos de Carballo.

[Venres 8 de abril] - Xardín Municipal / 13.00h > Compañía Airenoar

[Xoves 14 de abril] 
- Xardín Municipal / 13.00h > Compañía Traspediante

COMO SE CREA UN ESPECTÁCULO DE DANZA?

Ao remate de cada espectáculo terá lugar un encontro dos espectadores con coreógrafos e directores para falar do espectáculo que acaban de presentar e dar a coñecer o seu proceso de creación e achegar a linguaxe da danza ao público.    

Lugar: Pazo da Cultura.

EXPOSICIÓNS

[Do 7 de abril ao 8 de maio] > odesexo
Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro
3º andar do Pazo da Cultura. Organiza: Concello de Carballo

[Do 12 de maio ao 5 de xuño] > Traxe tradicional galego
3º andar do Pazo da Cultura. Organiza: Concello de Carballo, A. C. Argazo e Alberto Golpe Beceiro

MÚSICA

[Abril: 5, 12 e 27 - Maio: 5, 9, 10 e 12]
Concertos didácticos a cargo do alumnado do conservatorio de saxo, trombón, frauta, violín e percusión e concerto de orquesta e banda municipal.
Pazo da Cultura. Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Carballo

[23 de abril] > Curruncho Pop
Nacho Casado. La familia del árbol. 
Biblioteca Rego da Balsa/ 20.30h. Organiza: Concello de Carballo

ANIMACIÓN Á LECTURA

[Do 25 de abril ao 1 de maio] > XI Semana do Libro e da Lectura
Canta bichería!. Pazo da Cultura. Organiza: Concello de Carballo.

FESTIVAL DE CONTIDOS DIXITAIS

[Do 5 ao 7 de maio] > III Carballo Interplay Webseries
Pazo da Cultura e Fórum. Organiza: Concello de Carballo

Compartir: