Presentación

Cartaz XIV Primavera enDanza

Celebramos catorce edicións de Primavera enDanza. Xa unha cita anual ineludible que aposta por achegarse á danza contemporánea, unha manifestación artística cuxa escasa presenza nos escenarios galegos non se corresponde coa súa alta capacidade de creación e innovación e repercusión das artes escénicas actuais. Outorgarlle un merecido espazo propio e apoiar o seu desenvolvemento é o obxetivo principal.  

En Primavera enDanza presenciaremos cinco espectáculos nos que a danza dialogará coas artes circenses, a música e a improvisaciòn musical, performance de mprovisación co propio espazo físico, nos que o movemento coreográfico, o humor e a comunicación serán os elementos principais das propostas.  

Esta programación apostará, unha vez máis, por espazos para a interacción entre artistas e público, en especial os encontros ao final de cada función, presentacións das coreografías en diferentes espazos públicos, así como con obradoiros específicos de danza contemporánea para distintos espectadores e cunha exposición sobre a danza vista por unha importante creadora.

Descargas

Compartir: