Antioedipus aut homunculus

Venres 15 de abril - 20.00 h

As faccións que eu mesmo creei, empezaron a parecerme fermosas

Compañía: Javier Martín
Duración
: 1 hora
Entrada: libre e gratuíta
Público: Adulto
Salón de actos: 2º andar


Antioedipus aut homunculus

...bailar coa sombra dun mesmo parécese bastante a encontrarse co outro lado, co recordo que ten un dos mortos que coñeceu e coa imaxinación que cultiva doutros.  

O bailarín desaparece e convértese en danza, así cada espectador recibe a información que precisa da forma que está disposto a escoitala...  

Antioedipus aut homunculus é un proxecto performático de improvisación a nivel de movemento no que a peza crece e cambia ao enfrontarse sucesivamente ao público ata o día da súa estrea e morte.

Javier Martín, creador e intérprete galego de danza contemporánea, colabora e aprende con artistas e científicos do panorama actual para desenvolver a sensibilidade no corpo e acadar unha maior conciencia do movemento.

Ficha artística

Crea e baila: Javier Martín
Vestiario: Jm, Manolocremallera, La canalla
Escenografía, espazo sonoro, deseños e textos: Jm

Compartir: