Airenoar

Venres 8 de abril - 21.00 h

Espazo que respira. O aire...

Compañía: Airenoar
Duración
: 50 minutos
Prezo da entrada ordinaria: 3 €
Prezo da entrada reducida: 2 €
Público: Adulto

Airenoar

Dúas persoas e unha corda vertical. Historia de encontros e desencontros, destrezas que loitan nunha relación de busca do entendemento para chegar á harmonía. Dúas linguaxes expresivas, que nos unen e que nos separan doutro.

Este espectáculo de danza contemporánea une discipinas artísticas como o novo circo, acrobacia aérea con corda lisa, a voz e a creación musical en directo.

Ficha artística

Dirección: Rut Balbís
Interpretación: María Move e Álvaro Reboredo Ortega “Fitinho”
Técnica de corda lisa: Álvaro Reboredo Ortega “Fitinho
Técnica vocal e composición musical en directo: María Move
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Teresa Gutiérrez.

Compartir: