Invisible Wires

Sábado 2 de abril - 21.00 h

Fíos invisibles entre os performers, como un laboratorio que condiciona a conexión entre os seres humanos...” (Julio César Iglesias, director de Invisible Wires)

Compañía: La Macana
Duración
: 1 hora
Prezo da entrada ordinaria: 5 €
Prezo da entrada reducida: 3,5 €
Público: Adulto

Os fíos invisibles que determinan as relacións humanas, que, se manteñen na distancia ou que conectan diferentes persoas sen a veces pretendelo é o tema desta peza de danza que transita por múltiples disciplinas como o teatro, e que a narración se constrúe a través de imaxes. Nela conflúen seis excelentes intérpretes de Islandia, Alemania, Inglaterra, Galicia, Cuba, e conta coa música orixinal en directo do compositor belga Niko Hafkenscheid. 

La Macana

Invisible Wires supón un ambicioso reto para a compañía galega La Macana. Nace da man do creador de orixe cubana Julio César Iglesias Ungo, que reside en Europa e ten unha interesante traxectoria en Alemania e Bélxica e realizase en coprodución con diversas entidades creativas europeas como Kunststiftungnrw (Alemaña), Theaterim Pumpenhaus (Münster, Alemaña), Tanzhausnrw (Düsseldorf, Alemaña), o centro de creación Graner (Barcelona) e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

Ficha artística

Dirección artística: Mar Gómez
Dirección coreográfica: Xavier Martínez
Interpretación: Mar Gómez e Xavier Martínez
Deseño coreográfico: Ángel Márquez
Deseño iluminación: Anna Espunya 
Deseño de vestiario: Mariel Soria.

Compartir: