Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha dúas liñas...

CARBALLO MOVIDA SEGURA

O Concello pon en marcha dúas liñas de Noitebús para a noite de Fin de Ano

Martes 30 de decembro do 2008

O servizo de Noitebús ten sido posto en marcha pola Consellería de Política Territorial para velar pola seguridade viaria e acadar a redución da sinistralidade nas estradas e consiste nun programa de transporte nocturno a lugares de lecer. Hai que lembrar que ao longo de todo o ano existen en funcionamento en Carballo dúas liñas os venres e os sábados para acudir a Malpica e Ponteceso, así como á capital provincial.

Hai que lembrar, así mesmo, que para favorecer a extensión do Noitebús, ademais da implicación dos concellos e das empresas de transporte de viaxeiros, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ten habilitada unha liña de subvencións para o establecemento de novos servizos. Os interesados e interesadas en consultar os horarios que estarán dispoñibles en Carballo en Fin de Ano, poden premer aquí.

Compartir: