Formación e emprego

Fórum Carballo

[Fórum Carballo]
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 010

Ver localización

Bolsa de traballo

O Concello de Carballo xestiona dende novembro de 2012 a súa propia Bolsa de Traballo (BDT), pensada para axudar ás persoas en situación de desemprego que desexen regresar ao mundo laboral, ás que busquen o seu primeiro emprego ou ás que desexen mellorar a súa situación laboral actual. A Bolsa realiza unha función de intermediación laboral, constituíndo unha ferramenta de conexión entre as demandas e as ofertas de emprego que se xeran na contorna do Concello. A inscrición dos demandantes lévase a cabo no propio servizo da BDT.

Poden ser beneficiarios dos servizos desta Bolsa de Traballo tanto a poboación activa como os ofertantes de emprego: autónomos, empresas, entidades ou institucións que inicien procesos de selección de persoal. A inscrición dos demandantes, así como a xestión das ofertas, lévase a cabo a través do Servizo de Orientación Laboral do Concello, no Fórum Carballo.

Contacto Bolsa de Traballo Municipal

[ Fórum Carballo ]
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 011
Email: bdt@carballo.gal
Horario: de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.

Descargas

Compartir: