Inicio Carballo ao día Axenda IX Torneo Foliada de Volei-praia Concello de...

IX Torneo Foliada de Volei-praia Concello de Carballo

Domingo 14 de agosto do 2016 Explanada de Razo - A partir das 11.00 h. Deporte

Volei-praia Razo 2016

Volei-praia en Razo

Razo acolle o IX Torneo Foliada Concello de Carballo de volei-praia, unha cita familiar e divertida na que a competición non é o máis importante, senón o feito de poder pasar unha xornada na praia na que xogar, comer e gozar de Razo en familia ou cos amigos e amigas. A cita está pensada para que participen persoas de todas as idades, con categorías Súper mini (ata 10 anos), Sub 15, Sub 17, Sénior e Súper 80 (con parellas nas que entre os dous compoñentes sumen 80 anos ou máis).

Os encontros comezan nas pistas situadas na Explanada a partir das 11.00 horas e continúan durante todo o día, cunha "paradiña" para comer e coa entrega de trofeos prevista para as 20.00 horas, aproximadamente.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4