Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

DOMINGO 14 DE AGOSTO A PARTIR DAS 11.00 HORAS

Volve o Torneo Foliada de Volei-praia con competición, xogos e moitos premios e trofeos na praia de Razo

Luns 8 de agosto do 2016 Carballo ao día

Torneo Foliada de Volei-praia Concello de Carballo

Un momento da presentación do Torneo

O domingo 14 de agosto Razo acolle o IX Torneo Foliada Concello de Carballo de volei-praia, unha cita "familiar" e "divertida" na que a competición non é o máis importante, senón o feito de poder pasar unha xornada na praia na que xogar, comer e gozar de Razo en familia ou cos amigos e amigas. Así o explican o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e Rosalino Mariño, da Asociación deportivo cultural volei-praia Costa da Morte. De feito, a cita está pensada para que participen persoas de todas as idades, con categorías Súper mini (ata 10 anos), Sub 15, Sub 17, Sénior e Súper 80 (con parellas nas que entre os dous compoñentes sumen 80 anos ou máis).

A organización avanza que arredor de 100 parellas participarán no torneo; o prazo de inscrición aínda está aberto até o 10 de agosto

Os encontros comezan nas pistas situadas na Explanada a partir das 11.00 horas e continúan durante todo o día, cunha "paradiña" para comer e coa entrega de trofeos prevista para as 20.00 horas, aproximadamente. A organización espera que arredor de 100 parellas se apunten, xa que aínda está aberto até o 10 de agosto o prazo de inscrición a través do Facebook das Escolas de Volei Praia de Razo e do teléfono 606 400 858.

Duascentas persoas cada día na Explanada

Tanto o Concelleiro de Deporte como Rosalino Mariño consideran que o torneo tamén é unha oportunidade excelente para ofrecerlles un aliciente a todas as persoas que cada día participan na explanada nas actividades de Volei-praia Razo 2016. Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20.00 horas e este ano, grazas tamén ás excelentes condicións meteorolóxicas, conta cunha elevada afluencia, con ata 200 persoas diarias xogando nas pistas.

Rosalino Mariño subliña que este ano estanse batendo todos os récords de asistencia, con persoas asiduas que levan apuntándose ás redes dende hai dous ou tres anos e, o que Mariño considera máis importante, "con xente nova que deixa o móbil durante toda a tarde, comunicándose entre eles". Para xogar nas redes de volei, só tendes que achegarvos á explanada e falar con algún dos catro monitores que coordina a activiade. É de balde!

Non faltedes ao verán de volei-praia en Razo!

Ligazóns



Galería

Compartir: