Inicio Carballo ao día Axenda XII Curso de Verán Traballando en Lingua

XII Curso de Verán Traballando en Lingua

Do mércores 6 de xullo ata o xoves 7 de xullo do 2016 Fórum Carballo - 10.00 h. Lingua

Traballando en Lingua

O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2016 á súa duodécima edición para traballar arredor de algo moi importante para o presente e o futuro do idioma: o uso e o prestixio do galego no ámbito socioeconómico. Será no Fórum Carballo o mércoes 6 e oxoves 7 de xullo.

O programa inclúe sesións para analizar a situación da lingua galega no ámbito da empresa e o comercio, os motivos desa situación e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para mellorala. Tamén se darán a coñecer e avaliaranse experiencias positivas sobre o uso da lingua galega, ou que procuran o uso do galego en comercio, empresa produtos ou publicidade. E, finalmente, hanse propor medidas de intervención que procuren mellorar o uso e o prestixio da lingua galega neses ámbitos. En definitiva, un curso que busca mellorar o uso e o prestixio da lingua na empresa, nos comercios, nos produtos, na publicidade, nos negocios, etc.

O acto de inauguración está previsto para o mércores 6 de xullo ás 10.00 horas coa presenza de Anxos Sobriño, presidenta da CTNL; Valentín García, SXPL da Xunta de Galicia; Julio Abalde, reitor da UdC; e Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo.

O programa completo, podedes consultalo clicando aquí.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4