Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

O MÉRCORES 6 E O XOVES 7 DE XULLO NO FÓRUM

O Reitor da UDC e o Alcalde asinan o convenio que permitirá que Traballando en lingua reflexione sobre o papel do galego no ámbito empresarial

Xoves 30 de xuño do 2016 Carballo ao día

Rolda de prensa Traballando en lingua 2016

Un momento da presentación do curso na Casa do Concello coa presenza do Reitor

Un ano máis, e xa van nove, o Curso de Verán Traballando en Lingua visita Carballo grazas á colaboración entre o Concello e a Universidade da Coruña (UDC). O Reitor da UDC, Julio Abalde, e o Alcalde carballés, Evencio Ferrero, veñen de asinar o acordo que permitirá que as instalacións do Fórum acollan esta cita que cumpre doce anos reflexionando sobre a dinamización do galego e que este ano traballará arredor de algo moi importante para o presente e o futuro da lingua: o uso e o prestixio do galego no ámbito socioeconómico. Tanto o Alcalde como a Concelleira de Normalización Lingüística, Inés Rodríguez, manifestaron a súa satisfacción porque Carballo volva a acoller esta acción formativa, que en anos anteriores serviu para crear "un programa tan precioso como Apego", subliña Ferrero, e que de seguro volverá a ser "un espazo para participar, reflexionar e debater".

O reitor visitou por primeira vez Carballo dende o seu nomeamento e asinou no Libro de Honra do Concello

Julio Abalde visitou por primeira vez Carballo dende o seu nomeamento como Reitor da UDC, e expresou o seu interese en que continúe a relación entre a Universidade e o Concello, especialmente cun curso como Traballando en lingua, que xa é "unha tradición". Respecto da temática deste ano, Abalde considera que é moir importante falar de lingua "nun sector coma o empresarial, no que pode parecer que a lingua non é tan importante", pero que non é así, xa que "nós cremos que a lingua ten que estar en todos os ámbitos da sociedade". Antes de marchar, Abalde asinou no Libro de Honra do Concello, co compromiso de volver os días 6 e 7 de xullo para a celebración do curso.

As claves do programa

Nel Vidal, coordinador de esta edición de Traballando en Lingua, foi o encargado de resumir un pouco o interesante programa, que xira arredor de dous eixos fundamentais. Por un lado, a análise da situación actual da lingua no ámbito empresarial; e por outro a busca de puntos e accións para mellorar esa situación a través de faladoiros, mesas redondas, debates, experiencias, etc.

As inscricións aínda poden formalizarse até o luns 4 de xullo a través da páxina web www.traballandoenlingua.gal

Será unha acción formativa na que haberá representación dos empresarios, con R, Deleite ou Todo Lar, entre outros, que contarán a forma en que abordaron a presenza do galego como unha oportunidade para mellorar os seus negocios; falarase do galego na publicidade, de como a cidadanía pode percibir que os produtos son máis próximos e teñen máis calidade se se anuncian en galego: construirase a paisaxe lingüística comercial de Carballo facendo un percorrido pola feira; falarase do galeo no sector turístico, no tecnolóxico ou na responsabilidade social corporativa; e pecharase cunhas conclusións elabroadas polo comunicador Ramón Vilar Landeira.

Se queredes participar de todo isto, só tendes que inscribirvos até o luns 4 de xullo a través de <www.traballandoenlingua.gal>. Os prezos de participación neste curso son de 30 € para estudantado, persoas desempregadas, membros da UDC e socios/as da CTNL, e de 50 € para o resto, e este prezo, ademais do curso, inclúe os xantares e os cafés dos dous días. Ademais, hai unha oferta de hospedaxe en Carballo para participantes no curso que vai desde os 22 € / día con almorzo incluído. Polo tanto, unha persoa de fóra de Carballo pode participar quedando a durmir na vila desde os 52 € durante todo o curso, e con cuarto, almorzo, xantar e todas as actividades formativas incluídas.

O máximo de participantes está estipulado en 60 persoas. Non quededes sen praza!

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

Compartir: