Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O teatro e o ballet conforman a oferta cultural para a fin de semana

CULTURA

O teatro e o ballet conforman a oferta cultural para a fin de semana

Venres 10 de febreiro do 2006

Dúas representacións de teatro e a actuación do ballet de San Petersburgo son os atractivos que a Concellaría de Cultura oferta para esta fin de semana en Carballo. O Pazo da Cultura acollerá os tres espectáculos, a partir das 21,00 horas do venres, sábado e domingo. As actuacións comezan este venres, 10 de febreiro, coa compañía Bucanero&EME2 Produccións, que achegará ao público a obra Por un millón de dólares. A representación está enmaracada no programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo.

A Estación de Autobuses sufre cuantiosos danos tras un acto vandálico

VANDALISMO

A Estación de Autobuses sufre cuantiosos danos tras un acto vandálico

Venres 10 de febreiro do 2006

A Estación de Autobuses de Carballo sufriu esta madrugada de venres un acto vandálico que derivou na queima de catro autobuses -tres da empresa Arriva e un de Aucasa- e un incendio que provocou danos na estructura da Estación, afectando tamén ás cocheras. O Delegado Provincial de Política Territorial, Jacinto Parga, técnicos da propia Consellaría e representantes da Dirección Xeral de Tranportes desprazáronse a Carballo coa intención de evaluar os danos para proceder, canto antes, á reparación da instalación.

Actuación da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela

CULTURA

Actuación da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela

Xoves 9 de febreiro do 2006

O Pazo da Cultura de Carballo acolle este sábado, 11 de febreiro, unha actuación da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela, que representará a súa última montaxe O veloiro de Pat O’Connor, a partir das 21,00 horas. Esta compañía de teatro afecionado está dirixida por Roberto Salgueiro e a obra a representar está baseada no texto de N. Bela Os cravos de prata, estreada o pasado mes de decembro en Santiago.

Programada unha interrupción do suministro eléctrico o próximo domingo

SERVIZOS

Programada unha interrupción do suministro eléctrico o próximo domingo

Xoves 9 de febreiro do 2006

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede, necesarios para poder atender nas mellores condiciones as necesidades de suministro da zona, Unión Fenosa deixará fora de servicio unha serie de instalacións o vindeiro domingo, 12 de febreiro, desde as 09.00 horas ata as 10,00 horas.

Vintecinco rapaces de Berdillo visitan a Ludoteca Municipal

CULTURA

Vintecinco rapaces de Berdillo visitan a Ludoteca Municipal

Mércores 8 de febreiro do 2006

Este mércores, 8 de febreiro, continúa o programa de visitas na Ludoteca Municipal que ven realizando o Centro Rural Agrupado durante os meses de febreiro e marzo. Nesta visita estarán uns vintecinco rapaces e rapazas da parroquia de Berdillo.

Paralizada a tramitación do expediente de concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Carral

MEDIO AMBIENTE

Paralizada a tramitación do expediente de concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Carral

Mércores 8 de febreiro do 2006

A Consellería de Medio Ambiente ven de comunicar ao Concello de Carballo a paralización da tramitación do expediente de concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Carral, na parroquia de Sofán. O inicio dos trámites para a revisión do Plan Sectorial Hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa provocou a suspensión provisional da tramitación administrativa de todas aquelas solicitudes de concesión de aproveitamentos con fins hidroeléctricos que se atopen en trámite á data de entrada en vigor deste decreto, en tanto non se produza a aprobación da revisión do dito instrumento de ordenación.

O Concello comezou a limpeza da franxa litoral

MEDIO AMBIENTE

O Concello comezou a limpeza da franxa litoral

Martes 7 de febreiro do 2006

Unha cuadrilla da Brigada de Medio Ambiente, en colaboración con membros do Servizo de Limpeza Viaria, iniciou este martes os traballos de limpeza da franxa litoral do concello.

O teatro será tamén protagonista a fin de semana

CULTURA

O teatro será tamén protagonista a fin de semana

Martes 7 de febreiro do 2006

Ademáis da actuación do Ballet de San Petersburgo, o Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana una nova actuación enmaracada no programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo. O venres, 10 de febreiro, a partir das 21,00 horas, a compañía Bucanero&EME2 Produccións, achegará ao público a obra Por un millón de dólares.

O Ballet de San Petersburgo chega a Carballo

CULTURA

O Ballet de San Petersburgo chega a Carballo

Martes 7 de febreiro do 2006

O vindeiro domingo, 12 de febreiro, o Pazo da Cultura acollerá, a partir das 20,00 horas, a actuación do Ballet de San Petersburgo con La Bella Durmiente, dirixida por Alexander Bruskin, coa música de P.I. Chaikovski e a coreografía de Marius Petipa. A actividade é froito do convenio entre Caixanova e a Deputación da Coruña, ademáis da colaboración da entidade bancaria co Concello de Carballo.

A Deputación anuncia o inicio de varias melloras no Pazo da Cultura

XUNTANZA

A Deputación anuncia o inicio de varias melloras no Pazo da Cultura

Luns 6 de febreiro do 2006

O Deputado Provincial Pablo Villamar anunciou na visita que fixo a Carballo o pasado sábado o inminente inicio da construcción dun ascensor panorámico no Pazo da Cultura e a habilitación da planta superior como sala de exposicións. O ascensor enlazará a terraza da cafetería coa última planta do Pazo, mentres que a sala de exposicións contará cunha superficie de 300 metros cadrados. O prezo de licitación do proxecto foi de casi 150.000 euros.

Compartir: