Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Aprobadas as bases do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas as bases do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Luns 20 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases para o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2006. A iniciativa, da que participa o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e varios medios de comunicación, persegue promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar a situación social da lingua galega e promover o uso do galego na prensa escrita. Os artigos tratarán calquera tema relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, coa normalización lingüística en xeral ou nalgún sector au ámbito determinado, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, etc.

Carballo acolle a fase local de Natación en Idade Escolar

DEPORTES

Carballo acolle a fase local de Natación en Idade Escolar

Venres 17 de febreiro do 2006

O Padroado Deportivo Municipal de Carballo organiza o vindeiro sábado, 18 de febrero, a fase local de Natación en Idade Escolar. A proba terá lugar ás 17,00 horas na Piscina Carballo Calero, e participarán un total de 450 nadadores dos equipos do Padroado Deportivo Municipal, Fogar Natación Carballo, C.N. Arteixo, Aquagest-Santa Comba e A.D. CEIP As Forcadas de Corme.

As piscinas de Carballo aumentaron os accesos un 35% durante 2005

BALANCE

As piscinas de Carballo aumentaron os accesos un 35% durante 2005

Venres 17 de febreiro do 2006

As piscinas de Carballo Calero e Vila de Noia incrementaron os usos nun 35% durante o ano 2005. Así se desprende do balance que ven de presentar o Padroado Deportivo Municipal, en virtude do control de acceso con tarxeta durante o ano pasado. En total rexistráronse 117.813 usos, frente aos 87.518 de 2004. No tocante aos ingresos das piscinas municipais, éstes incrementáronse ata os 221.181,05 euros, é dicir, 83.633,50 euros máis que en 2004 e 174.878,45 euros máis que en 2003.

O Concello facilita a consulta de identificación, usos e superficies agrarias para as axudas da PAC

AGRO

O Concello facilita a consulta de identificación, usos e superficies agrarias para as axudas da PAC

Venres 17 de febreiro do 2006

No marco da Política Agraria Común teñen continuidade no ano 2006 determinadas axudas directas a agricultores e gandeiros, algunhas delas baseadas na supreficie agraria das explotacións, e das que se beneficiaron na campaña pasada 572 solicitantes de Carballo por un importe de máis de 722.000 euros. O Concello, en horario de 10,00 horas a 13,00 horas, facilitará a consulta da identificación, usos e superficies agrarias das parcelas que van ser obxecto das solicitudes de axuda, especialmente nos meses de febreiro e marzo de 2006.

A ‘Compañía do Ruido’ ofrece unha festa musical no Pazo da Cultura

CULTURA

A ‘Compañía do Ruido’ ofrece unha festa musical no Pazo da Cultura

Xoves 16 de febreiro do 2006

Este venres, 17 de febreiro, chega a Carballo a Compañía do Ruido, un dos grupos galegos que sorprendeu co seu último traballo e que de seguro será unha das bandas con máis proxección neste ano. A actuación está enmarcada na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo e terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 21,00 horas.

Convada unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán

SEGURIDADE

Convada unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán

Xoves 16 de febreiro do 2006

O vindeiro luns, 20 de febreiro, terá lugar unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán. A reunión aproveitarse para aprobar a acta da última sesión, valorar a seguridade cidadán na actualidade e abrir un turno de rogos e preguntas. A xuntanza comezará ás 20,30 horas e estará presidida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

O ‘Graff-Time 2006’ encherá a do cor as festas do Antroido

CULTURA

O ‘Graff-Time 2006’ encherá a do cor as festas do Antroido

Mércores 15 de febreiro do 2006

As galerías comerciais das rúas Igrexa e Fomento convertiranse, os días 24 e 25 de febreiro, nun espazo de expresión artística novidoso. Co gallo da celebración do Antroido, quince estudantes de Bellas Artes reuniranse esa fin de semana en Carballo para reivindicar o grafito como un arte alternativo. O Concello pretende con esta iniciativa, denominada Graff-Time 2006, dar a coñecer outras formas de expresión artística.

Continúa a bo ritmo a ordenación de Razo e Baldaio

LITORAL

Continúa a bo ritmo a ordenación de Razo e Baldaio

Mércores 15 de febreiro do 2006

As obras de recuperación do sistema natural de Razo e Baldaio seguen a desenvolverse a bo ritmo. Costas avanzou nos traballos de regularización dos regos de Nétoma e Pardiñas, traballos xa moi adiantados, ademáis de estar xa a colocar a estructura de madeira na pasarela que baixa desde o posto de socorrismo ao areal. Ademáis, procediuse ao desfonde da lagoa, nesa fase de dragado na zona de conexión do marisqueo de Baldaio.

O Concello convoca aos panadeiros a unha nova xuntanza

TURISMO

O Concello convoca aos panadeiros a unha nova xuntanza

Mércores 15 de febreiro do 2006

O vindeiro venres, 17 de febreiro, terá lugar unha nova xuntanza entre unha representación do goberno municipal e os panadeiros de Carballo. O obxectivo principal da reunión é a aprobación definitiva do regulamento da marca Pan de Carballo. Será a segunda xuntanza entre ambas partes, logo dunha primeira celebrada a finais do pasado mes de decembro onde os panadeiros coñeceron de primeira man o borrador do uso da marca e a súa función. A vindeira reunión celebrarase o venres a partir das 19,30 horas.

Rematado o desmantelamento na Estación de Autobuses

INCENDIO

Rematado o desmantelamento na Estación de Autobuses

Martes 14 de febreiro do 2006

A última hora da mañán déronse por rematados os traballos de desmantelamento na Estación de Autobuses de Carballo, logo de sufrir un incendio na madrugada do pasado venres. As labouras consistiron na retirada do teito e estructura da cochera da Estación e no desguace dos catro autobuses calcinados, logo de vaciar os depósitos do combustible que aínda permanecía nos tanques.

Reanúdase o servizo de auga logo da rotura dunha tubería na Villa de Negreira

OBRAS

Reanúdase o servizo de auga logo da rotura dunha tubería na Villa de Negreira

Martes 14 de febreiro do 2006

Pasadas ás 15,00 horas procedeuse a reanudar o servizo de auga ás vivendas afectadas pola rotura dunha tubería na rúa Villa de Negreira. Os feitos tiveron lugar sobre as 12,30 horas cando, por mor das obras a realizar nesa rúa, producíase a rotura dunha tubería á altura de Álvarez de Sotomayor. O corte do servizo afectou, directamente, á prolongación de esta última vía e a toda a Villa de Negreira.

A compañía ‘Sarabela Teatro’ actúa para os escolares de Carballo

TEATRO NA ESCOLA

A compañía ‘Sarabela Teatro’ actúa para os escolares de Carballo

Martes 14 de febreiro do 2006

Como en anos anteriores, e coa pretensión de achegar o teatro aos alumnos e alumnas dos colexios de Carballo e ofrecerlle aos centros educativos un recurso educativo máis, o Concello de Carballo organiza o programa Teatro na Escola, que inclúe diferentes obras segundo os distintos niveis educativos do alumnado. Esta semana teñen lugar tres funcións a cargo da compañía ourensana Sarabela Teatro, que representará a obra A Gata con Botas para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Compartir: