Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Susana de Lorenzo ofrece o segundo concerto do ciclo ‘En feminino’

VENRES CULTURAIS

Susana de Lorenzo ofrece o segundo concerto do ciclo ‘En feminino’

Xoves 16 de marzo do 2006

A soprano galega Susana de Lorenzo ofrecerá este venres, 17 de marzo, no Pazo da Cultura, o segundo dos concertos do ciclo musical En feminino, incluido na progamación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Susana de Lorenzo interpretará o concerto Do Bel canto a Brodway, unha mostra de música lírica que abrague desde a ópera ata o musical, pasando polo lied xermánico, a chanson francesa e o bel canto italiano, para finalizar cos temas máis populares de Broadway do século XX. O concerto comezará ás 21,00 horas e a entrada é gratuita.

O Concello inicia traballos de rebacheo en diferentes pistas do rural

OBRAS

O Concello inicia traballos de rebacheo en diferentes pistas do rural

Mércores 15 de marzo do 2006

A Brigada de Obras do Concello de Carballo ven de comenzar os traballos de rebacheo en diferentes pistas do rural que presentaban deficiencias no asfaltado. A actuación comezou onte pola zona da Alta de Rus e continuará durante toda a semana sempre que as boas condicións climatolóxicas o permitan.

Comeza a instalación do novo ascensor na Casa do Concello

OBRAS

Comeza a instalación do novo ascensor na Casa do Concello

Mércores 15 de marzo do 2006

Este mércores veñen de comenzar os traballos para a instalación dun novo ascensor na Casa do Concello. Varios operarios traballan, desde o mediodía, na descarga dos materiais precisos para dotar ao Concello deste novo servizo.

Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

Martes 14 de marzo do 2006

A Corporación Municipal de Carballo aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno, o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2006. Foi durante unha sesión plenaria extraordinaria que se prolongou por espazo de dúas horas. As contas ascenden a 19.467.047,06 euros, dos que 5.752.214,64 destinaranse a inversións.

A Deputación Provincial convoca Bolsas e Premios para 2006

CONVOCATORIA

A Deputación Provincial convoca Bolsas e Premios para 2006

Luns 13 de marzo do 2006

A Deputación da Coruña ven de convocar diferentes Bolsas e Premios para o presente ano 2006. O Concello de Carballo pon en coñecemento dos interasados as bases destas Bolsas e Premios, por se alguén quere participar das mesmas.

A Corporación Municipal debate o Orzamento Xeral para 2006

PLENO EXTRAORDINARIO

A Corporación Municipal debate o Orzamento Xeral para 2006

Luns 13 de marzo do 2006

A Corporación Municipal de Carballo reúnese esta tarde de luns, 13 de marzo, nunha sesión plenaria extraordinaria para debatir o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2006. O pleno ten lugar logo da celebración de dúas comisións informativas nas que as diferentes formacións políticas do concello tiveron ocasión de coñecer en profundidade a proposta do grupo de goberno. A sesión plenaria comeza ás 20,30 horas.

O INEGA imparte un curso sobre a eficiencia enerxética na agricultura

INDUSTRIA

O INEGA imparte un curso sobre a eficiencia enerxética na agricultura

Venres 10 de marzo do 2006

O Instituto enerxéctico de Galicia, en colaboración co Instituto de Diversificación, Ahorro y Eficiencia, organiza un curso divulgativo sobre a eficiencia enerxética na agricultura, co fin de impulsar novos hábitos de aforro de enerxía neste sector. O curso celébrase o sábado, 11 de marzo no Pazo da Cultuta, de 10,00 horas a 13,00 horas.

Sarabela Teatro achega ‘O Heroe’ ao Pazo da Cultura

CULTURA

Sarabela Teatro achega ‘O Heroe’ ao Pazo da Cultura

Venres 10 de marzo do 2006

Este venres, 10 de marzo, continúa a programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo da man de Sarabela Teatro. A compañía galega representa, a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura O Heroe, dirixido por Ánxeles Cuña e baseado no conto homónimo de Manuel Rivas incluido na obra As Chamadas Perdidas.

A Dirección Xeral de Xuventude colaborará no proxecto da Casa dos Oficios

EMPREGO

A Dirección Xeral de Xuventude colaborará no proxecto da Casa dos Oficios

Venres 10 de marzo do 2006

A Dirección Xeral de Xuventude e o Concello de Carballo traballan na redacción dun convenio de coaboración para o proxecto da Casa dos Oficios. Foi este un dos asuntos a tratar na xuntanza que veñen de celebrar en Santiago o Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Pan.

Compartir: