Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Aparecen varados un delfín e un caldeirón no litoral do concello

LITORAL

Aparecen varados un delfín e un caldeirón no litoral do concello

Mércores 22 de marzo do 2006

A praia de Razo foi testemuña do varamento dun delfín a primeira hora da mañán, ao que lle sucedeu outro dun caldeirón nunha furna de Leira. No primeiro dos casos xa se procedeu á súa retirada, xa que o varamento prodúxose nunha zona moi accesible, no propio areal.

Industria require a Fenosa que corrixa as deficiencias do suministro eléctrico en Xoane

SUMINISTRO

Industria require a Fenosa que corrixa as deficiencias do suministro eléctrico en Xoane

Mércores 22 de marzo do 2006

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria ven de requerir a Unión Fenosa que proceda a suministrar de maneira permanente e axustada a tensión nominal de enerxía eléctrica na zona de Xoane da Carretera, da parroquia de Goiáns. Faino a Delegación Provincial logo de que o Concello de Carballo remitira, no seu día, unha copia das sinaturas recolidas entre a comunidade veciñal do lugar, onde denunciaban a insuficiente potencia de suministro eléctrico que reciben nas súas vivendas.

O Regulamento de participación cidadá será debatido o vindeiro luns

SESIÓN PLENARIA

O Regulamento de participación cidadá será debatido o vindeiro luns

Martes 21 de marzo do 2006

A aprobación do Regulamento de participación cidadá será un dos puntos para debater na Comisión Informativa de Acción Social, Participación e Persoal, que vai ter lugar o mércores 22 de marzo. Será o paso previo á súa inclusión na orde do día do pleno ordinario do vindeiro luns, logo de que os diferentes voceiros dos grupos políticos municipais debateran o documento en varias xuntanzas, a última celebrada no día de onte.

O Concello reparte máis de 50 árbores autóctonas entre os centros de ensino

MEDIO AMBIENTE

O Concello reparte máis de 50 árbores autóctonas entre os centros de ensino

Martes 21 de marzo do 2006

Coincidindo coa celebración do Día Forestal Mundial, o Concello de Carballo repartiu máis de medio centenar de árbores autóctonas entre os centros de ensino da localidade. Como é costume, o alcalde de Carballo participará esta tarde na plantación das árbores nun deses centros escolares, en concreto no CEIP Bergantiños a partir das 16.00 horas. Tamén asisitirá o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luís Lamas.

Anunciada a creación dun terceiro xulgado para Carballo

XUSTIZA

Anunciada a creación dun terceiro xulgado para Carballo

Martes 21 de marzo do 2006

O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Jesús Souto, anunciaron tras a xuntanza da Comisión Mixta de Xustiza que Carballo contará cunha nova unidade xudicial. Jesús Souto manifesto que sería normal que xa estivese funcionando a finais do ano 2006, mentres que Méndez Romeu argumentou que a solicitude do terceiro xulgado de Carballo responde a razóns de prioridade.

O Concello conmemorará o Día Internacional da Muller con diferentes actividades

MULLER

O Concello conmemorará o Día Internacional da Muller con diferentes actividades

Luns 20 de marzo do 2006

O vindeiro xoves, 23 de marzo o Concello de Carballo organiza diferentes actividades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, para celebrar o Día Internacional da Muller. Ao longo de todo ese día desenvolveranse actos que teñen por obxecto a sensibilización e información sobre os dereitos das mulleres. O pasado día 8 de marzo, a Comisión Especial da Muller xa aprobou unha declaración institucional co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

Aprobada a solicitude de varias subvencións para 2006

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada a solicitude de varias subvencións para 2006

Luns 20 de marzo do 2006

A Xunta de Goberno Local acordou solicitar varias subvencións na xuntanza mantida este luns, 20 de marzo, na Casa do Concello. Aprobáronse un total de oito solicitudes, referidas ao Conservatorio Profesional de Música de Carballo, equipamentos para instalacións culturais, limpeza de praias, obras de adaptación, mellora e equipamento das sedes das entidades locais de Galicia, orientadores laborais, ANPA A Granxa para biblioteca escolar, contratación temporal de auxiliares de policía local para a tempada de verán e Carballo Activa para a empresa Argamatic S.L.

Regresan os rapaces que participaron da Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Regresan os rapaces que participaron da Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Venres 17 de marzo do 2006

Este sábado, 18 de marzo, está prevista a chegada dos rapaces do concello que, durante unha semana, participaron da Campaña de Esquí, que, para nenos de 10 a 13 anos, organizou a Deputación da Coruña. Os rapaces chegarán a Carballo, en principio, entre as 09,00 horas e as 11,00 horas do sábado, estando prevista a salida de Huesca esta tarde noite, a partir das 20,00 horas.

Comezaron as obras no Colexio Bergantiños

OBRAS

Comezaron as obras no Colexio Bergantiños

Venres 17 de marzo do 2006

As obras de sustitución da cuberta e tratamento de fachadas veñen de comezar no CEIP Bergantiños. Os traballos de mellora foron adxudicados a Alicatados e Revestimentos Gómez Crespo S.L. por un importe de 194.822 euros.

O Concello participa do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

CULTURA

O Concello participa do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

Venres 17 de marzo do 2006

O Concello de Carballo vai participar este ano do programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a Roma, cidade de gran interese monumental e cultural. O Concello conta con 12 prazas adxudicadas para unha viaxe da que se poderán beneficiar aqueles que teñan entre 12 e 14 anos (ambas incluidas) no mes de maio de 2006. A duración da viaxe é de catro días / tres noites, con réxime de pensión completa e o desprazamento, tanto a ida como o regreso, farase en autobús desde os concellos ata a algún dos aeroportos existentes na provincia e, en avión, desde estes ata Roma.

A exposición ‘As profundidades dos cosmos’ despídese de Carballo

CULTURA

A exposición ‘As profundidades dos cosmos’ despídese de Carballo

Xoves 16 de marzo do 2006

A asociación Astrober -Agrupación Astronómica de Bergantiños- realizará este xoves, 16 de marzo, unha visita guiada á exposición As profundidades do Cosmos, á que pode asistir o público en xeral a partir das 20,30 horas no Museo de Bergantiños. Será o acto de despedida da exposición que a Deputación da Coruña achegou a Carballo e que contou con numeroso público durante toda a semana.

Compartir: