Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Ánxela Bugallo inaugurou a ‘1ª Semana do Libro e a Lectura’

CULTURA

Ánxela Bugallo inaugurou a ‘1ª Semana do Libro e a Lectura’

Luns 3 de abril do 2006

A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, foi a encargada de inaugurar a 1ª Semana do Libro e a Lectura que, ata o vindeiro 8 de abril, acolle o Pazo da Cultura de Carballo. Do acto inaugural participaron tamén o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente da AS-PG, Antón Costa, o director da oficina de Caixanova en Carballo, José Ulfe, e a presidenta de Galix, Gloria Sánchez. Tres alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, alumnos do CEIP Bergantiños e o grupo de música infantil e contacontos Migallas amenizaron ese acto de inauguración con diferentes actuacións.

Aprobada a oferta de emprego público para 2006

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada a oferta de emprego público para 2006

Luns 3 de abril do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou a oferta de emprego de persoal do Concello, para 2006, contendo os postos de novo acceso reservados a funcionarios e os postos de traballo reservados ao persoal suxeito á lexislación laboral. A oferta de emprego público para 2006 inclúe 3 postos de ordenanzas para o Pazo da Cultura, 4 de auxiliares administrativos para Urbanismo, Servicios Económicos, Cultura e Policía, un de Policía Local, un de técnico medio de persoal, un de técnico de urbanismo, e outro de técnico de xestión e inspección de ordenanzas.

O director xeral de Xustiza e a delegada provincial de Presidencia visitaron o Edificio dos Xulgados

XUSTIZA

O director xeral de Xustiza e a delegada provincial de Presidencia visitaron o Edificio dos Xulgados

Luns 3 de abril do 2006

O director xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura, e a delegada provincial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González, visitaron este luns o Edificio dos Xulgados de Carballo, para coñecer a instalación e a sala que albergará, este mesmo ano, o terceiro xulgado. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañou ás autoridades na visita, que se produce logo da confirmación que o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, fixo hai poucos días ao rexedor local de que a localidade contará con esa nova sala.

Carballo acollerá a Fase de Ascenso á Liga Galega de Voleibol Feminino

DEPORTES

Carballo acollerá a Fase de Ascenso á Liga Galega de Voleibol Feminino

Venres 31 de marzo do 2006

O Pavillón Vila de Noia acollerá o vindeiro sábado, 8 de abril, a Fase de Ascenso á Liga Galega de Voleibol Feminino, na que participa o Xiria Asesoría Cervantes de Carballo. O conxunto carballés xogará a segunda semifinal fronte o Dompa Gestión de Ourense, ás 12,30 horas, logo de que o Carmelitas Vedruna de Ourense e o Calasancias da Coruña xoguen, ás 11,00 horas, a primeira das semifinais. Os dous equipos que disputen a final, a partir das 18,00 horas, ascenderán á Liga Galega, mentres que o terceiro e cuarto posto xogarase a partir das 16,30 horas.

Carmen Rey presenta o seu último proxecto no Pazo da Cultura

CULTURA

Carmen Rey presenta o seu último proxecto no Pazo da Cultura

Venres 31 de marzo do 2006

A coruñesa Carmen Rey, unha das mellores voces do panorama musical galego, presenta este venres no Pazo da Cultura o seu último proxecto Carmen Rey en directo, que xurdiu co pretexto de realizar o seu segundo traballo discográfico. A actuación comezará ás 21,00 horas e está enmarcada no ciclo En feminino dos Venres Culturais do Concello de Carballo. A entrada é gratuita.

Costas retirará o ‘container’ encallado en Leira a vindeira semana

LITORAL

Costas retirará o ‘container’ encallado en Leira a vindeira semana

Xoves 30 de marzo do 2006

A Demarcación de Costas de Galicia procederá á retirada do container encallado nas rochas de Leira, na praia de Baldaio, a principios da vindeira semana. Así o confirmou a Xefatura da Demarcación de Costas ao Concello de Carballo, logo de que o propietario ou consignatario do container non procedera á súa retirada no prazo indicado por un bando da alcaldía.

O Pazo da Cultura acolle a primeira ‘Semana do libro e a lectura’

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle a primeira ‘Semana do libro e a lectura’

Xoves 30 de marzo do 2006

A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, inaugurará o vindeiro domingo, 2 de abril, a primeira Semana do libro e a lectura, a celebrar no Pazo da Cultura ata o 8 de abril. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, foi a encargada de presentar o evento literario, xunto coa delegada provincial de Cultura, Milagros Lantes, o presidente da AS-PG, Xoan Costa, e o director da Oficina de Caixa Nova en Carballo, José Ulfe. As actividades a desenvolver durante a vindeira semana céntranse en obradoiros, encontros co profesorado, actividades para nais e pais e o público en xeral, así como exposicións dirixidas, principalmente, ao alumnado de Infantil, Primaria e primeiro ciclo de ESO.

O terceiro xulgado podería comezar a funcionar no verán

XUSTIZA

O terceiro xulgado podería comezar a funcionar no verán

Xoves 30 de marzo do 2006

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, confirmou ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e ao concelleiro de Facenda, Josá Antonio Viña, que Carballo contará cun terceiro xulgado. Foi nunha xuntanza na Consellería de Presidencia, na que Méndez Romeu manifestou que o xulgado de Carballo será dos primeiros en crearse, polo que estará en marcha antes de finalizar o ano. Incluso atísbase a posibilidade de que entre en funcionamento no vindeiro verán.

Carme Adán imparte unha conferencia no Pazo da Cultura

MULLER

Carme Adán imparte unha conferencia no Pazo da Cultura

Mércores 29 de marzo do 2006

A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, ofrece este mércores, 29 de marzo, a conferencia Muller e traballo:conciliación traballo e fogar. O acto sucede aos desenvolvidos a pasada semana en relación á situación da muller e precede ao que terá lugar mañá xoves, 30 de marzo, baixo o nome Mulleres do país.

O Concello demanada unha solución aos problemas de suministro en varias zonas do municipio

BAIXADAS DE TENSIÓN

O Concello demanada unha solución aos problemas de suministro en varias zonas do municipio

Mércores 29 de marzo do 2006

O Concello de Carballo ven de remitir a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria unha reclamación debido aos problemas no suministro eléctrico que presentan as zonas de Vilar de Cidre, en Razo, e Cances Grande. En ambos casos, o Concello require de Unión Fenosa que faga as melloras necesarias para arranxar os problemas que padecen as dúas zonas e a Industria que abra o correspondente expediente.

O alcalde de Carballo entrevístase co Conselleiro de Presidencia en Santiago

XUSTIZA

O alcalde de Carballo entrevístase co Conselleiro de Presidencia en Santiago

Mércores 29 de marzo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, mateñen esta tarde unha xuntanza na Consellería de Presidencia, en Santiago, para falar da posta en marcha do terceiro xulgado de Carballo. O encontro prodúcese pouco despóis de que o propio Conselleira e o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Jesús Souto, anunciaran o pasado día 20 de marzo, trala xuntanza da Comisión Mixta de Xustiza, que Carballo contará cunha nova unidade xudicial. O concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, Xosé Antonio Viña, tamén participa da reunión.

Compartir: