Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Grupo Magnificant ofrece un concerto de música relixiosa no Pazo da Cultura

VENRES CULTURAIS

O Grupo Magnificant ofrece un concerto de música relixiosa no Pazo da Cultura

Venres 7 de abril do 2006

Como antesala da Semana Santa, o Grupo Magníficant da Coruña, composto polos solistas de ópera Antón de Santiago, María José Ladra e Pablo Carballido, ofrece un concerto de temática relixiosa cun repertorio típico destas datas, así como unha pequena escolma de lírica clásica. O concerto forma parte da programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo e comezará ás 21,00 horas no Pazo da Cultura.

Remata a 1ª Semana do Libro e a Lectura

CULTURA

Remata a 1ª Semana do Libro e a Lectura

Venres 7 de abril do 2006

Este sábado, 8 de abril, porase o punto final á primeira Semana do Libro e a Lectura do Concello de Carballo. Quedan aínda dúas xornadas para seguir a disfrutar das actividades da mostra, xa que este venres, 7 de abril, continúan os distintos obradoiros, os Encontros co profesorado e as sesións de conta contos. Así, ás 18,00 horas, a ensinante e responsable da Biblioteca Uxío Novoneyra do IES Ánxel Casal-Monte Alto, Carme Loriga, falará do papel das bibliotecas escolares como punto de referencia para toda a comunidade educativa.

O Concello da o visto bo á continuación do paseo do Anllóns

OBRAS

O Concello da o visto bo á continuación do paseo do Anllóns

Venres 7 de abril do 2006

O grupo de goberno de Carballo e a Oficina Técnica Municipal veñen de dar o visto bo á continuación do paseo do Anllóns, cun proxecto que abrangue desde o Bosque do Añón ate a ponte de Bértoa. A intención do goberno municipal é a de financiar a actuación con fondos do plan Agader, baixo un orzamento de 391.862 euros.

Xurxo Souto adianta a súa ponencia na 1ª Semana do Libro e a Lectura

CULTURA

Xurxo Souto adianta a súa ponencia na 1ª Semana do Libro e a Lectura

Xoves 6 de abril do 2006

Por motivos de axenda dos ponentes que participan nos Encontros co profesorado da 1ª Semana do Libro e a Lectura do Concello de Carballo, o encontro con Xurxo Souto, escritor, músico, guionista e na actualidade director de programación da Radio Galega, terá lugar este este xoves, 6 de abril, a partir das 18,00 horas no Pazo da Cultura. Xurxo Souto falará sobre música e literatura, sobre os libros, a lectura, a radio, a música e o espectáculo.

O Concello asina o convenio para a participación na programación da Rede Cultural 2006

CULTURA

O Concello asina o convenio para a participación na programación da Rede Cultural 2006

Xoves 6 de abril do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de asinar esta mañán, no Salón de Actos do Pazo de Maríñán, o convenio polo que a Deputación da Coruña adxudica diferentes actuacións ao Concello de Carballo, dentro da programación da Rede Cultural 2006. En total son 22 actuacións, a desenvolver no presente exercicio.

Remata o prazo para participar do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

CULTURA

Remata o prazo para participar do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

Xoves 6 de abril do 2006

Este venres, 7 de abril, remata o prazo para a presentación de solicitudes para participar do programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a Roma, cidade de gran interese monumental e cultural. O Concello conta con 12 prazas adxudicadas para unha viaxe da que se poderán beneficiar aqueles que teñan entre 12 e 14 anos (ambas incluidas) no mes de maio de 2006. A duración da viaxe é de catro días / tres noites, con réxime de pensión completa e o desprazamento, tanto a ida como o regreso, farase en autobús desde os concellos ata a algún dos aeroportos existentes na provincia e, en avión, desde estes ata Roma.

Sabela Gago e Lola Fernández Parada participan da 1ª Semana do Libro e a Lectura

CULTURA

Sabela Gago e Lola Fernández Parada participan da 1ª Semana do Libro e a Lectura

Mércores 5 de abril do 2006

A pedagoga Sabela Gago, integrante do grupo Sarabela Teatro, é a encargada de falar este mércores en torno á animación á lectura, actividade dos Encontros co profesorado a celebrar a partir das 18,00 horas no Pazo da Cultura. Sabela Gago disertará sobre que facer desde a escola para converter en máxico o momento no que neno/a e lectura se atopan, ademáis de falar dos recursos para dinamizar o antes, o durante e o despois da lectura para axudar aos alumnos e alumnas a atopar o seu propio pracer na mesma.

O Concello trasladará á Subdelegación de Goberno as demandas dos Institutos e de Vieiro

SEGURIDADE

O Concello trasladará á Subdelegación de Goberno as demandas dos Institutos e de Vieiro

Mércores 5 de abril do 2006

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán recolleu, en dúas xuntanzas celebradas o pasado luns, as demandas das direccións dos tres tres institutos de Carballo e da asociación antidroga Vieiro. Os directores dos Institutos Alfredo Brañas e Parga Pondal e a vicedirectora do IES Monte Neme referironse ao control do absentismo escolar, para o que demandaron a colaboración da Policía Local, e fixeron unha valoración sobre o consume de drogas entre os estudiantes.

Industria convoca axudas facilitar o acceso á sociedade da iInformación das persoas con discapacidade

SERVIZOS SOCIAIS

Industria convoca axudas facilitar o acceso á sociedade da iInformación das persoas con discapacidade

Mércores 5 de abril do 2006

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial, ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha orde pola que se convocan as axudas para facilitar o acceso á sociedade da información das persoas con discapacidade. A Consellaría pretende fomentar a accesibilidade dos discapacitados ás novas tecnoloxías, co fin de mellorar a súa calidade de vida, impulsar a súa integración, aprendizaxe e emprego e evitar a exclusión social que podería derivarse da falta de igualdade de oportunidades de acceso ás devanditas tecnoloxías. Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas físicas que, como consecuencia dalgunha discapacidade cun grao de minusvalía recoñecido polo Equipo de Valoración e Orientación de Minusvalías igual ou superior ao 33%, necesiten de periféricos especiais e/ou software específicos para o acceso á interacción cos equipos informáticos.

Protección Civil realizou 124 intervencións en marzo

BALANCE MESUAL

Protección Civil realizou 124 intervencións en marzo

Martes 4 de abril do 2006

Protección Civil de Carballo realizou un total de 124 intervencións o pasado mes de marzo, das que destacan 22 por emerxencias. Neste apartado destacan 5 relacionadas cos últimos temporais de vento e choiva, 11 por accidentes de tráfico, 3 limpezas de estrada, 2 incendios urbanos e un aviso de escape de gas.

Continúa a programación da 1ª Semana do Libro e a Lectura

CULTURA

Continúa a programación da 1ª Semana do Libro e a Lectura

Martes 4 de abril do 2006

O profesor de lingua e escritor, Sechu Sende, ofrece este martes, a aprtir das 18,00 horas no Pazo da Cultura, un curso baseado nunha concepción comunicativa do texto literario. Baixo o nome de Crear creadores, e dentro dos Encontros co profesorado, traballaranse técnicas de estimulación creativa, abordaranse estratexias dinamizadoras para a posta en marcha de espazos creativos grupais e estimularase a creatividade como forma de expresar as capacidades constructivas e transformadoras persoais.

O Concello demandará a creación dun novo idioma para a Escola de Idiomas

EDUCACIÓN

O Concello demandará a creación dun novo idioma para a Escola de Idiomas

Martes 4 de abril do 2006

O Concello de Carballo demandará a creación dun novo idioma a incorporar aos estudios da Escola de Idiomas. Así trascendeu da xuntaza mantida esta mañá de martes entre o delegado provincial de Educación, Pedro Armas, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro. O goberno local formulará diferentes peticións á Consellaría de Educación, logo de falar na reunión da situación da Escola de Idiomas para o curso 2006-2007. A previsión é a de incorporar, ademáis, o curso de 3º de Inglés.

Compartir: