Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A vindeira semana comeza o prazo de admisión dos traballos do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

CULTURA

A vindeira semana comeza o prazo de admisión dos traballos do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Xoves 28 de setembro do 2006

A partir do vindeiro 1 de outubro, e até o 8 de novembro, poderanse entregar os traballos que desexen participar no IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras e as fotografías realizaranse en branco e negro, sendo o tema das obras libre. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso e non poderán ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.

Asinado en Carballo un convenio para a creación de sete Puntos de Información á Muller na zona

MULLER

Asinado en Carballo un convenio para a creación de sete Puntos de Información á Muller na zona

Mércores 27 de setembro do 2006

O Salón de Plenos do Concello de Carballo foi escenario da xuntanza dos alcaldes das comarcas de Bergantiños e Fisterra coa directora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza, para a sinatura dun novo convenio que permitirá a creación de sete Puntos de Información á Muller noutros tantos concellos. Os convenios permitirán cambiar o modelo existente na actualidade e os municipios que carecían de oficinas disporán agora duns puntos aos que se achegará persoal dos Centros de Información á Muller para prestar o servizo periódicamente.

A Antena Cameral tivo máis dun millar de consultas desde a súa inauguración

CÁMARA DE COMERCIO

A Antena Cameral tivo máis dun millar de consultas desde a súa inauguración

Mércores 27 de setembro do 2006

O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolleu a presentación das conclusións derivadas dos paneis de traballos levados a cao polo Observatorio Económico, así como a memoria de actividades da Antena Cameral. Ésta, desde a súa inauguración en 2004, ven desenvolvendo unha intensa actividade con máis dun millar de consultas atendidas e servizos prestados, dos que o 32,27% tiveron como usuarios a emprendedores e un 26,32% a empresas. O resto de atención prestada estivo dirixida a colectivos empresariais. A páxina web da Antena Cameral recibiu 5.000 visitas e máis de 65.000 páxinas visitadas. No acto estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortiz e os integrantes do Observatorio e as distintas Mesas de Traballo.

Aprobados en pleno os festivos locais para o ano 2007

CONVOCATORIA

Aprobados en pleno os festivos locais para o ano 2007

Martes 26 de setembro do 2006

A corporación municipal de Carballo aprobou, na sesión plenaria ordinaria deste mes setembro, os festivos locais para o ano 2007. Os días de festividade local para o vindeiro ano, segundo acordou o pleno, serán o 25 de xuño e o 20 de febreiro. O primeiro coincide coa celebración das festas de San Xoán e, o segundo, é o martes de antroido.

Á venda os abonos para a XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro

CULTURA

Á venda os abonos para a XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro

Martes 26 de setembro do 2006

O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadores do Festival Internacional Outono de Teatro, poñen á venda hoxe martes, 26 de setembro, os abonos para asistir ao conxunto das representacións que terán lugar no Pazo da Cultura entre o 14 de outubro e 1 de novembro. Os bonos poderán adquirirse no Museo de Bergantiños, de 12,00 a 14,00 horas pola mañán e de 18,00 a 20,00 horas pola tarde, cun prezo de 50 euros ou de 45, para quen teña carné de estudante ou para os alumnos dos institutos de Carballo que os reserven no seu centro. O número de abonos é limitado, poñéndose á venda 160.

Reanúdanse as charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais

MEDIO RURAL

Reanúdanse as charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais

Martes 26 de setembro do 2006

Logo de realizar, a pasada semana, tres actos en Cances, Razo e Sofán, este martes, 26 de setembro, reanúdanse no Teleclub de Ramil, en Rus, as charlas informativas para a aplicación do recentemente aprobado pola Xunta de Galicia Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais. Durante esta semana levaranse a cabo tres charlas máis para cerrar a actividade, dirixidas a poboacións concretas do concello.

O Festival Olladas achega a Carballo a exposición ‘Eles e nós’

CULTURA

O Festival Olladas achega a Carballo a exposición ‘Eles e nós’

Luns 25 de setembro do 2006

O Festival Olladas 2006, proxecto cultural da Deputación da Coruña, achegará a Carballo a partir do vindeiro 5 de outubro a exposición Eles e nós. O Museo de Bergantiños acollerá esta mostra fotográfica, incluida na programación de actividades paralelas do Festival Internacional Outono de Teatro, até o 4 de novembro.

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

Luns 25 de setembro do 2006

A corporación municipal de Carballo reúnese esta tarde noite no Salón de Plenos do Concello de Carballo, co gallo da celebración da sesión plenaria ordinaria deste mes de setembro. A sesión abordará, entre outros asuntos, o cambio de sistema de actuación no ámbito de aplicación de xestión dos Polígonos 27 e 45. Son os ubicados, respectivamente, na intersección das rúas Pontevedra e Perú e na zona da Estación de Autobuses, detrás da zona da Cristina.

Rexer cambia a ruta de recollida de lixo tras a época estival

MEDIO AMBIENTE

Rexer cambia a ruta de recollida de lixo tras a época estival

Venres 22 de setembro do 2006

A concesionaria encargada da recollida de lixo no concello, Rexer, ven de anunciar o cambio de ruta tras a época estival. A ruta de inverno terá vixencia desde o vindeiro 2 de outubro e realizarase de luns a sábado.

Chris Wilson e Roy Loney chegan a Carballo da man do XiriaPop

CULTURA

Chris Wilson e Roy Loney chegan a Carballo da man do XiriaPop

Venres 22 de setembro do 2006

A Cervexaría Dublín acolle hoxe venres, 22 de setembro, e mañán sábado, día 23, a celebración da IX edición do XiriaPop. Os concertos da presente edición contan coa presenza de Chris Wilson e Roy Loney, cabezas de cartel o venres e sábado respectivamente. Ademáis, tomarán parte no festival Burgas Beat, Annie Hall e Meu, o primeiro día, e The Charades, Big City e The High Sierras o segundo. O prezo do bono para acudir os dous días é de 15 euros, sendo de 9 euros para acudir un so día.

O FIOT bota unha ollada cara a guerra civil

CULTURA

O FIOT bota unha ollada cara a guerra civil

Venres 22 de setembro do 2006

O Pazo da Cultura acolleu este venres, 22 de setembro, a presentación da XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro, que organizan o Concello de Carballo e a Asociación Telón e Aparte. Coincidindo con diversas conmemoracións con motivo do setenta aniversario da guerra civil española, o festival bota unha ollada cara o pasado e a historia e escolle, como eixo articulador, a guerra civil e a posguerra. O FIOT celebrarase do 12 de outubro ao 1 de novembro. O prezo da entrada será de 6 euros, excepto para as representacións 13 rosas e El Florido Pensil, de 10 euros, e Ay Carmela de 12 euros. O precio do bono para acudir a todas as representacións será de 50 euros, poñéndose á venda un número limitado de 160. Tamén haberá minibonos de 22 e 32 euros para acudir a parte das obras.

Compartir: