Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A organización do circuito nacional de volei-praia emite un informe moi satisfactorio sobre a proba celebrada en Razo

DEPORTE

A organización do circuito nacional de volei-praia emite un informe moi satisfactorio sobre a proba celebrada en Razo

Martes 10 de outubro do 2006

Delfin Group, axencia promotora do Campionato de España de volei-praia, ven de editar unha valoración das probas do circuito nacional celebradas durante o pasado verán, no que Carballo acolleu unha das probas no areal de Razo. Delfin Group emitiu un informe altamente satisfactorio da proba realizada no noso concello, tanto a nivel organizativo como de calidade. Agora dependerá do patricinador determinar se o circuito volve a Galicia e de ser así, co apoio e colaboración da Fundación Deporte Galego, Razo tería moitas posibilidades de volver a acoller unha nova do proba do Campionato de España.

O CIM abre o prazo de inscrición para un curso de risoterapia e relaxación

MULLER

O CIM abre o prazo de inscrición para un curso de risoterapia e relaxación

Luns 9 de outubro do 2006

O Centro de Información á Muller de Carballo ven de abrir o prazo para apuntarse nun curso de risoterapia e relaxación, que se celebrará do 7 de novembro ao 1 de decembro. O curso impartirase en oito sesións dunha hora e media cada unha, os martes e venres, de 10,30 a 12,00 horas no Pazo da Cultura.

A ‘Rúa dos Contos’ abrirá o FIOT o vindeiro xoves

CULTURA

A ‘Rúa dos Contos’ abrirá o FIOT o vindeiro xoves

Luns 9 de outubro do 2006

Logo da inauguración da exposición Eles e nós, que se pode visitar no Museo de Bergantiños até o 4 de novembro, a VIII edición da Rúa dos Contos será a antesala do comezo das representacións do Festival Internacional Outono de Teatro, a celebrar a partir da vindeira fin de semana. A Rúa dos Contos é un espectáculo de pequeno formato que terá lugar en pubs, cafeterías e tascas de Carballo, o xoves 12 e o venres 13, entre as 21,00 e 01,00 horas.

O Concello entregou en AGADER un proxecto de recuperación de entornos e zonas verdes no rural

MEDIO AMBIENTE

O Concello entregou en AGADER un proxecto de recuperación de entornos e zonas verdes no rural

Luns 9 de outubro do 2006

O Concello de Carballo ven de entregar en AGADER o proxecto de Recuperación de entornos e zonas verdes no medio rural de Carballo, que conta cun importe de execución de 99.585’02 euros. O proxecto recolle actuacións en lugares concretos do rural, en sitios baldíos ocupados na actualidade por actuacións antigas e de pouca calidade.

Contratada a realización de acondicionamento de 22 camiños do concello

MEDIO RURAL

Contratada a realización de acondicionamento de 22 camiños do concello

Sábado 7 de outubro do 2006

A Consellería de Medio Rural, á proposta da concellería de Servizos e Mantemento do Concello de Carballo, ven de contratar a realización de 24 quilómetros de acondicionamento de camiños no concello de Carballo. Son nas parroquias de Berdillo, Bértoa, Oza, Noicela, Rebordelos, Cances, Goiáns, Ardaña, Artes, Rus, Sofán e Aldemunde. Ademáis, a Consellería confirmou a contratación de dúas depuradoras de saneamento na Regueira, en Berdillo, e Nogareda, en Rus.

Carballo acolle un curso de ‘Accidentes na Estrada’

PROTECCIÓN CIVIL

Carballo acolle un curso de ‘Accidentes na Estrada’

Venres 6 de outubro do 2006

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ven de elixir Carballo para impartir un Curso de II Nivel denominado Accidentes na Estrada, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Asistirán a dito curso Voluntarios de distintas Agrupacións. Entre elas están Arteixo, Arzua, Camariñas, Vimianzo, Santacomba, Oroso, Ordes, Zas e, como non Carballo.

O Concello entrega a AGADER a terceira fase do Paseo Fluvial do Anllóns

MEDIO AMBIENTE

O Concello entrega a AGADER a terceira fase do Paseo Fluvial do Anllóns

Venres 6 de outubro do 2006

O Concello de Carballo ven de entregar a trámite, a AGADER, a terceira fase do Paseo Fluvial do Río Anllóns. Esta nova fase cunta cun orzamento de licitación de 252.632’40 euros e terá que ser informado favorablemente por AGADER. A segunda fase do paseo atópase, nestes momentos, en tramitación.

A mesa de contratación do parking e edificio comercial da praza do Concello deberá celebrar outra xuntanza

URBANISMO

A mesa de contratación do parking e edificio comercial da praza do Concello deberá celebrar outra xuntanza

Venres 6 de outubro do 2006

A mesa de contratación do aparcamento soterrado e o novo edificio comercial da praza do Concello deberá celebrar outra xuntanza, logo de que na reunión deste venres se acordara requerir a Inveriones Benal para que as contas anuais da empresa sexan compulsadas na súa totalidade. O problema xurdiu ao comprobar que algunhas contaban únicamente coa certificación aportada no Rexistro Mercantil. A empresa contará, por procedemento admisnitrativo, con 10 días para aportar o requerimento.

Convocada a mesa de contratación do parking e edificio comercial da praza do Concello

URBANISMO

Convocada a mesa de contratación do parking e edificio comercial da praza do Concello

Xoves 5 de outubro do 2006

Este venres, 6 de outubro, a partir das 13,00 horas, volverá a reunirse a mesa de contratación do aparcamento soterrado e o novo edificio comercial da praza do Concello. A xuntanza servirá para examinar a única proposta presentada ao proxecto, por parte da Unión Temporal de Empresas formada por Construcciones Aldesa, de Madrid, e Inversiones Benal, de A Coruña. A viabilidade da actuación depende de que a oferta se axuste aos requisitos do prego de condicións.

O Concello oferta un programa cultural dirixido aos centros de escolares de Carballo

CULTURA

O Concello oferta un programa cultural dirixido aos centros de escolares de Carballo

Xoves 5 de outubro do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, presentaron no Pazo da Cultura o programa A Culturaeduca, unha novedosa iniciativa que ten como finalidade colaborar cos centros educativos participando na actividade académica dos alumnos dos colexios e institutos de Carbalo a través de diversas propostas culturais. O obxectivo do programa é proporcionar a profesores e alumnos un recurso didáctico máis, a través de representacións teatrais, concertos didácticos, exposicións, etc., ofrecendo oportunidades de formación en aspectos culturais menos desenvoltos na escola e achegando as manifestacións culturais á súa vida cotiá.

Compartir: