MEDIO RURAL
Xoves 13 de xullo do 2006
O director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco, mantivo esta mañá un encontro cos sindicatos agrarios e profesionais do sector da madeira e do monte de Carballo, nun acto do que participaron membros do grupo de goberno e que se desenvolveu no Salón de Plenos da Casa do Concello. A intención da visita era a de coñecer de primeira man as opinións e necesidades do sector, ademais de visitar diferentes puntos do concello para tomar nota das principais necesidades. Alberte Blanco iniciou a rolda de visitas ao Sequeiro de Bértoa, de 3.000 metros cadrados, e do que xa se iniciaron os trámites para que o solo pase a ser de titularidade municipal, nun prazo de aproximadamente ano e medio. Con posterioridade, e para pechar os actos previstos para a mañá, o director xeral de Montes e Industrias Forestais visitou fincas repoboadas.
ENSINO
Mércores 12 de xullo do 2006
Este venres, 14 de xullo, remata o prazos de preinscrición para os alumnos de primeiro de inglés e francés na Escola Oficial de Idiomas de Carballo. O segundo prazo de preinscrición para os alumnos que se matriculan en primeiro, por primeira vez, vai do 1 ao 15 de setembro. O sorteo e publicación da listaxe do alumnado preinscrito que pode matricularse publicarase o 21 de setembro e a matricula formalzarase entre o 22 e 28 de setembro.
MEDIO RURAL
Mércores 12 de xullo do 2006
O director xeral de Montes e industrias Forestais, Alberte Blanco, realiza este xoves, 13 de xullo, unha visita ao Concello de Carballo. Alberte Branco ten prevista a súa chegada á localidade contra as 11,15 horas, onde será recibido no Concello. Ás 12,00 horas atenderá aos medios de comunicación para, con posterioridade, visitar o serradoiro de maderas no Taramboio, en Sofán. Sobre as 13,00 horas, o director xeral de Montes e Industrias Forestais visitará fincas repoboadas, no seu último acto da mañán.
MANTEMENTO
Mércores 12 de xullo do 2006
O Concello de Carballo, dentro da campaña de verán, está a intensificar as labouras de desbroce nas vías de titularidade municipal, tales como pistas ou accesos a núcleos. Os traballos desenvólvense en máis de 600 kilómetros de pistas asfaltadas e a intención do Concello é a de rematar os traballos no mes de setembro.
TURISMO
Martes 11 de xullo do 2006
Trece panadarías de Carballo poderán utilizar, a partir deste martes 11 de xullo, a marca Pan de Carballo, logo da xuntanza mantida entre os panadeiros que solicitaron participar da iniciativa, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Turismo e Medio Ambiente, Manuel Pan. A representación do goberno entregoulles aos 13 panadeiros o material necesario en formato dixital e o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas.
MEDIO AMBIENTE
Martes 11 de xullo do 2006
Desde a semana pasada pódense utilizar os colectores soterrados da rúa da Coruña, unha iniciativa que pretende manter e recuperar a estética urbana e reducir o impacto visual e estético ocultando os colectores da superficie. A medida permitirá, igualmente, un aforro importante ao reducir a frecuencia de recollida, favorecida polo incremento da capacidade de almacenamento. Tamén premitirá reducir os gastos de reposición de colectores, ao non estar expostos a agresións vandálicas ou meteorolóxicas.
CULTURA
Martes 11 de xullo do 2006
O Museo de Bergantiños acolle desde o pasado mes de xuño a exposición O bosque non deixa ver as árbores: unha ollada á paisaxe galega do autor carballés Alberto Varela Ferreiro. Esta será a última semana para poder ver a mostra, que permanecerá no museo até o vindeiro 15 de xullo. Nela podemos observar e percorrer toda unha serie pictórica onde as árbores son o tema principal e na que o fondo se transforma en figura.
CONGRESO
Luns 10 de xullo do 2006
O Pazo da Cultura de Carballo foi escenario, durante tres días, do primeiro Simposio Internacional de Megalitismo da Costa da Morte. Baixo o título O patrimonio megalítico da Costa da Morte no seu contexto atlántico, unha decea de profesores/as, arqueólogos/as e técnicos/as doutras especialidades abordaron diferentes aspectos do mundo megalítico. O congreso foi organizado polo Seminario de Estudos Comarcais e abordáronse interesantes temas, como a protección e conservación dos monumentos da Costa da Morte, a posible creación dun Centro de Interpretación do Megalitismo ou a súa posta en valor.
TURISMO
Luns 10 de xullo do 2006
Este luns, 10 de xullo, o Concello de Carballo entrégalles aos 13 panadeiros que o solicitaron o material necesario en formato dixital da marca Pan de Carballo, ao mesmo tempo tamén se lles entrega o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas. A xuntanza ten lugar na Casa do Concello e o seu comezo está previsto para as 19.00 horas.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 10 de xullo do 2006
A Xunta de Goberno Local procedeu á concesión, na xuntanza celebrada este luns 10 de xullo, de dúas licenzas de obra para outros tantos edificios en Carballo. Trátase dun edificio na rúa dos Xazmíns, de 14 vivendas, e outro na rúa de Labarta Pose, de 10 vivendas. Concedeuse tamén unha licenza para a construción dunha vivenda unifamiliar e a prórroga doutra para a contrución dun edificio na rúa do Fomento. Na xuntanza acordouse, igualmente, a adxudicación das obras da Rede de saneamento en Cances da Vila, parroquia de Cances, cun prazo de execución de 30 días naturais, o Afirmado de camiños en Barreiros e Xoane, cun prazo de 56 días, o Afirmado de camiños en San Sadurniño a Cornaces, cun prazo tamén de 56 días e o Afirmado de camiño en Ponte Guntián, cun prazo máximo dun mes.
TURISMO
Venres 7 de xullo do 2006
O vindeiro luns, 10 de xullo, o Concello de Carballo entregaralles aos 13 panadeiros que o solicitaron o material necesario en formato dixital da marca Pan de Carballo, ao mesmo tempo que tamén se lles entregará o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas.
ENSINO
Venres 7 de xullo do 2006
O Concello de Carballo confirmou o inicio das obras do peche do CEIP San Luís Romero, dando así cumprimento a unha vella demanda da comunidade educativa. As obras consisten na sustitución do peche actual de alambrada por un peche de postes de formigón, das mesmas características que a fachada principal.