Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de subministro de auga na rúa Sol e...

Cortes de subministro de auga na rúa Sol e na avenida da Milagrosa polas obras da ponte

Mércores 24 de abril do 2024

Con motivo das obras que se están a levar a cabo na Ponte da Milagrosa, a empresa concesionaria do servizo de agua, Gestagua, terá que realizar unha serie de cortes na rede xeral de subministro de auga:

  • Xoves 25 de abril, de 09:00 a 13:00 horas, o corte de subministro de auga será total na rúa Sol nos números 57, 59, 61, 63, 65 e na avenida da Milagrosa nos múmeros 1 e 3. Así mesmo, pode verse afectada de forma puntual por baixadas de presión, pero con subministro de agua, a zona marcada no plano 1. 
  • Venres 26 de abril, dende as 01:00 ata as 05:00 horas, o corte de suministro de auga será total na rúa Sol nos números 72, 74, 76, e na avenida da Milagrosa nos números 2, 4, 6, 8 ,10 e 12. Así mesmo, pode verse afectada por baixadas de presión e caudal toda a zona indicada no plano 2.
Desculpen as molestias



Galería

Compartir: