Inicio Carballo ao día Novas O 2 de xuño volve a 10K Carballo, que...

O 2 de xuño volve a 10K Carballo, que nesta edición será sede do Campionato de Galicia de 5k en ruta

O prazo de inscrición abrirá ás 00.00 horas do luns 15 de abril

Sábado 13 de abril do 2024 Deporte

Imaxe da 10k Carballo 2023

Imaxe da 10k Carballo 2023

Carballo acollerá o domingo 2 de xuño a 12ª edición da carreira popular 10K, un evento deportivo multitudinario que organizamos dende o departamento de Deporte, e no que contamos coa colaboración das entidades deportivas locais. O prazo de inscrición abrirá ás 00.00 horas do luns 15 de abril e poderá realizarse nesta ligazón.

As características xerais da proba non varían con respecto á pasada edición, é dicir, mantemos as probas de 10 km e 5 km, así como todas as categorías, desde nenos e nenas nados/as no ano 2021 ata maiores. A única novidade é a renovación do circuíto como consecuencia das obras que se están a executar na zona urbana.

Por segunda vez celebraremos a proba de 5 quilómetros, incluída este ano no Campionato de Galicia de 5K en ruta, co cal acudirán a Carballo os/as mellores atletas galegos/as da disciplina.

A 10k Carballo forma parte do X Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, no que está valorada como a segunda mellor, só superada en décimas de puntuación pola Sin-Son.

Ligazóns

Vídeos

Compartir: