Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo subvenciona con 257.000...

O Concello de Carballo subvenciona con 257.000 euros un total de 25 proxectos de 17 entidades deportivas

As subvencións destinadas a apoiar e impulsar o labor das entidades multiplicáronse por tres nos últimos dez anos

Mércores 25 de outubro do 2023 Deporte

O goberno municipal vén de aprobar as subvencións anuais destinadas a apoiar a actividade que desenvolven as entidades deportivas do noso concello, que volven a incrementarse para dar resposta ás necesidades dun movemento asociativo amplo, variado e tremendamente dinámico. Os 257.000 euros consignados con esa finalidade pola Concellaría de Deporte convértense na cifra máis alta da historia, e supón máis do triplo do importe das axudas aprobadas hai dez anos, pero o máis importante é que esa cantidade permite financiar 25 proxectos deportivos impulsados por 17 entidades do noso concello.

O groso corresponde aos 149.990 euros das tres liñas de axudas que convoca anualmente o Concello de Carballo para contribuír, por unha banda, ao financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España; por outra, á organización de eventos deportivos e actividades extraordinarias, e, finalmente, ao financiamento dos proxectos de actividades xeral das entidades.

Esta terceira liña, cun total de 140.104 euros, acapara a maior parte das subvencións:

  • AD Fogar: 14.717,03 euros para persoal das actividades de natación, triatlón e atletismo.
  • AD Xiria: 9.200 euros para a promoción do voleibol nas competicións do 2023.
  • CB Artai: 6.047,67 para a actividade xeral.
  • Club Ciclista Carballo: 3.464,64 para as escolas de ciclismo.
  • Club Ciclista Monteneme: 1.789,03 euros para a competición oficial federada.
  • Club de xadrez O Toque Xiria: 3.000 euros para a actividade federada.
  • Escola Basket Xiria: 18.648,27 euros para a promoción do baloncesto e a competición federada.
  • Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns: 12.200 para hóckey e patinaxe artística.
  • Escolas Balonmán Xiria: 23.780,79 euros para a promoción do balonmán nas competicións.
  • Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz: 12.023,16 para o fomento do deporte de base.
  • Judo Club Bergantiños: 3.627,05 euros para as competicións federadas.
  • Karate-Do Carballo: 2.482,49 euros para a actividade xeral e adquisición de material deportivo.
  • Sysca: 10.112,96 euros para a temporada de salvamento e socorrismo deportivo.
  • SD Oza: 2.000 euros para a participación en competición oficial.
  • SD San Lorenzo de Verdillo: 2.000 euros para as competicións de fútbol.
  • SD Sofán: 15.010,91 euros para a actividade deportiva xeral.                                                                                                 

As axudas na liña de campionatos de España son as seguintes:

  • AD Fogar: 750 euros para os Campionatos de España de Atletismo, Natación e Triatlón.
  • Club Taekwondo ITF Carballo: 490 euros para os Campionatos de España Pre-Júnior, Júnior e Senior de Cintos Negros.
  • Escolas Balonmán Xiria: 1.500 euros para o Campionato de España Cadete Masculino.
  • Escolas Balonmán Xiria: 1.500 euros para o Campionato de España Infantil Feminino.
  • Sysca: 750 euros para o Campionato de España Xuvenil, Júnior e Absoluto.

En canto á organización de eventos, concedéronse as seguintes subvencións:

  • AD Fogar: 1.500 euros para o I Memorial Pedro Luis Fernández.
  • Judo Club Bergantiños: 1.500 euros para o Campionato de Nadal.
  • Sysca: 1.500 euros para o Memorial Carlos Servando.
  • SD Oza: 396 euros para o 3º Triangular Oza.

Ademais destas tres liñas de subvencións en concorrencia, a Concellaría de Deportes apoia con subvencións nominativas varios proxectos específicos presentados por distintas entidades, e ademais bonifica ao 100% o uso das instalacións deportivas, que está cuantificado en 600.000 euros ao ano.

Para o goberno municipal de Carballo, o asociacionismo deportivo é un piar básico para acadar un sistema deportivo máis participativo, amplo e diversificado. De aí que cada ano veñamos reforzando o apoio ás entidades, facilitando así o desenvolvemento dunha actividade que converte o noso concello nun exemplo de pulo deportivo dende a base.

Compartir: