Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a funcionar o Clube Emprego Muller de...

MULLER

Comeza a funcionar o Clube Emprego Muller de Carballo

Luns 6 de novembro do 2006

O Clube Emprego Muller vai dirixido a mulleres que desexen incorporarse ao mundo laboral ou a aquelas que persigan unha millora laboral. O obxectivo é o de capacitar ou dotar ás usuarias das suficientes ferramentas e mecanismos para acceder dunha forma autónoma e activa á busca de emprego e ao seu mantemento. O Clube Emprego Muller ofrecerá información, orientación e asesoramento sobre temas vencellados co mundo laboral, terá unha atención personalizada, co apoio e seguimento de forma individualizada no proceso de inserción laboral, realizará obradoiros de interese e diferentes charlas, ademáis de contar cun espazo reservado para ofertas de traballo, prensa ou guías de orientación e información de interese. O Clube Emprego Muller desenvolverase no concello durante o período dun ano.

Compartir: