Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello ampliará o equipamento de xogos...

SERVIZOS

O Concello ampliará o equipamento de xogos infantís no parque do Anllóns

Luns 6 de novembro do 2006

O Concello procederá á retirada do barco do parque e, no seu lugar, colocará dous balancíns de muelles con forma de loro e de avión, unha casa dos gnomos e un castelo de xogar con tobogán. A intención do Concello é a de conseguir un entorno máis adecuado e efectivo para o tempo de lecer dos nenos e nenas da localidade. A futura actuación no parque do Anllóns ven a complementar á dotación de xogos infantís que o Concello ven de facer en 14 escolas do rural, coa colocación dun columpio e un balancín de muelles en todos os colexios, ademáis doutro columpio e un tobogán nos centros educativos de Nétoma-Razo e Gándara-Sofán.

Compartir: