Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa Concilia xa funciona en tres centros...

ENSINO

O programa Concilia xa funciona en tres centros educativos de Carballo

Venres 3 de novembro do 2006

As follas de inscrición para anotarse ao programa Concilia pódense recoller no Concello de Carballo, lugar onde se fará a propia inscrición. No propio Concello facilitarase información sobre as taxas do programa, dependendo da situación de cada familia. As persoas interesadas poden obter máis información, igualmente, no Centro de Información á Muller.

O servizo ofrece a posibilidade de deixar aos fillos e fillas a partir das 7.30 horas para que almorcen no propio centro. Hai tamén a posibilidade de participar da iniciativa indo xa almorzados. A Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración non descarta que, vendo como funcione nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina, se poda levar a iniciativa a outros centros educativos no futuro.

Compartir: