Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello abre o prazo para participar do...

ENSINO

O Concello abre o prazo para participar do programa ‘Concilia’

Martes 24 de outubro do 2006

As follas de inscrición para anotarse ao programa Concilia pódense recoller no Concello de Carballo, lugar onde se fará a propia inscrición. No propio Concello facilitarase información sobre as taxas do programa, dependendo da situación de cada familia. Os interesados poden obter máis información, igualmente, no Centro de Información á Muller. O servizo ofrecerá a posibilidade de deixar aos fillos e fillas a partir das 07,30 horas para que almorcen no propio centro. Hai tamén a posibilidade de participar da iniciativa indo xa almorzados. A Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración non descarta que, vendo como funcione nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina, se poda levar a iniciativa a outros centros educativos no futuro.

Compartir: