Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle unha nova edición das...

CONVOCATORIA

Carballo acolle unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

Martes 24 de outubro do 2006

A celebración do primeiro acto das Xornadas trasladarase, con posterioridade, ao Centro Municipal de Formación. A partir das 12,30 horas, Óscar Cano, experto en sistemas de Xestión de Calidade, será o encargado de ofrecer a primeira das charlas, que contará tamén coa participación de Gestión de Estudios y Análisis, SL (GESAN). A ponencia rematará ás 14,00 horas, dando así por finalizada a primeira dunhas Xornadas que se desenvolverán até o 31 de outubro.

As Xornadas teñen como obxectivo no só mellorar a cualificación profesional e técnica do alumnado a través da participación do tecido empresarial, senón tamén mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas, dándollle a coñecer as novidades técnicas en cada especialidade e as diferentes modalidades e políticas de acceso ao emprego. Durante as xornadas impartiranse charlas sobre Prevención de Riscos Profesionais e Primeiros Auxilios, tanto a nivel xeral como específico das distintas especialidades do Centro Municipal de Formación e da Escola Obradoiro do Concello de Carballo. Estas charlas serán impartidas por profesionais de Universal Prevención y Salud e a súa duración variará en función dos riscos específicos de cada especialidade. Nas xornadas participarán un total de 21 entidades e inclúen visitas a Aluminios Cortizo, en Padrón, Endesa, en As Pontes, Renault, en Valladolid e Roberto Verino, en Ourense.

Compartir: